Domus (A Coruña)


Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «Domus (A Coruña)».
 
A Domus ou Casa do Home (A Coruña)
 
Balcón homenaxe á Expedición Balmis

  Substantivo feminino

  1. (Arquitectura) e (Ciencia) A Domus, anteriormente coñecida como Casa do Home, é un museo coruñés, o único interactivo, conceptual e monográfico sobre o ser humano. Conta con varias áreas temáticas, sobre temas como a bioquímica, a xenética, a reprodución, a nutrición, o cerebro ou a linguaxe. Seu lema é Conécete a ti mesmo, frase que figuraba no Templo de Apolo en Delfos e que Platón atribúe aos Sete Sabios de Grecia. Algunhas das súas montaxes máis interesantes son unha colaxe que representa a Gioconda, realizada con 10 062 fotografías de persoas de todo o mundo, imaxes dun parto, de elaborar un menú e comprobar se é equilibrado, ou ver os latexos do corazón. Foi inaugurado o 7 de abril de 1995, e forma parte da institución municipal Museos Científicos Coruñeses, á que tamén pertenecen a Casa das Ciencias e o Aquarium Finisterrae. É obra dos arquitectos César Portela (galego) e Arata Isozaki (xaponés). Conta con 1 500 m² de exposicións, 300 deles na sala Severo Ochoa, de exposicións temporais, e unha sala de proxeccións de cinema en gran formato. A sala de proxeccións denomínase Leonardo da Vinci. Como lembranza da Real Expedición Filantrópica da Vacina, expedición científica que levou a vacina da varíola a América e o Pacífico, inaugurouse un monumento na balconada do museo. Ten excelentes vistas ás praias de Riazor e o Orzán.

Véxase tamén