Santiago Ramón y Cajal
Galego
Santiago Ramón y Cajal, nacido en Petilla de Aragón, enclave navarro na provicia de Zaragoza, o 1 de maio de 1852, e morto en Madrid o 17 de outubro de 1934, foi un médico español, especialista en histoloxía, anatomía patolóxica e neuroanatomía, autor, entre outras obras, da Teoría neuronal pola cal foi distinguido co Premio Nobel de Medicina no ano 1906, xunto co italiano Camillo Golgi.