Abelás (á esquerda, froito con casca; á dereita, sen ela)

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «abelá».
  •   Pronuncia: [a.βeˈla] (AFI)

  Substantivo feminino

abelá (sg: abelá; pl: abelás)

  1. (Botánica) Froito da abeleira. É seco, monospermo e indehiscente, con pericarpo (casca) leñoso de cor marrón que encerra unha semente oleaxinosa case esférica ou algo oblonga, duns 2 cm de diámetro.
    • Exemplo: Esta abeleira vella case non produce abelás.

  2. (Alimentación) Semente deste froito, que é comestíbel.
    • Exemplo: Tomamos uns viños con abelás torradas.

Observacións

Moitos autores galegos escriben avelá (e aveleira, e aveledo) pero, segundo a etimoloxía (e pese ao seu nome específico, moderno), e de acordo co parágrafo 1.1 das NOMIG, debe ser abelá (e abeleira e abeledo).

Traducións

Referencias

VV. AA. (2012). Dicionario de alimentación e restauración. p. 22. ISBN 9788445350560.