Galego

  •   Pronuncia: /alβeɔˈlaɾ/ (AFI)

  Adxectivo

alveolar (sg: alveolar; pl: alveolares)

  1. (Anatomía) Pertencente ou relativo aos alvéolos, especialmente aos dentarios e aos pulmonares.
  2. Que ten alvéolos.
  3. (Lingüística) Dise do fonema que se articula aplicando a punta da lingua á cara interior dos alvéolos dos incisivos superiores.
  4. (Lingüística) (Dise da) letra que representa un son deste tipo.

  Substantivo

alveolar (sg: alveolar; pl: alveolares)

  1. (Anatomía) Estrutura relacionada cos alvéolos.
  2. (Lingüística) Fonema que se articula aplicando a punta da lingua á cara interior dos alvéolos dos incisivos superiores.
  3. (Lingüística) Letra que representa un son deste tipo.