Galego

  •   Pronuncia: /eks.θi.'pjɛŋ.te̯/ ou /eks.si.'pjɛŋ.te̯/ (AFI)

  Substantivo masculino

excipiente (sg: excipiente; pl: excipientes)

  1. (Farmacia) Substancia sen actividade terapéutica que se mestura cos medicamentos para darlles consistencia, forma, sabor ou outras calidades que faciliten a súa dosificación ou uso.
    • Exemplo: O amidón úsase adoito como excipiente na industria farmacéutica.