Galego

  •   Pronuncia: /ˈɡafo̝/ (AFI)

  Adxectivo

gafo (ms: gafo; mpl: gafos; fs: gafa; fpl: gafas)

  1. Leproso.
  2. Sarnoso.
  3. Tiñoso.
  4. Moi sucio, lordento, cheo de cotra.

Exemplo

Nada che val que te espelles
nin que te poñas tan 'maja',
si non cautivas a lingua,
a lingua que tes tan gafa.

En Pontevedra hai un río dos Gafos, á beira do cal existía un hospital de leprosos.


  Substantivo masculino

gafo (sg: gafo; pl: gafos)

  1. Influencia negativa máxica.