Galego

  Substantivo feminino

garda (sg: garda; pl: gardas)

  1. Acción e efecto de gardar.
    • Exemplo: Fixeron garda toda a noite

      .
  2. Grupo de soldados ou de xente armada que se encarga da protección ou da vixilancia de persoas ou lugares.
    • Exemplo: O cambio da garda é ás doce da mañá

      .
  3. (Exército) Corpo armado encargado de manter a orde e da protección de certas persoas.
    • Exemplo: A garda de asalto. A Garda Civil. A garda real

      .
  4. Cousa que protexe ou reforza como, por exemplo, a folla dobre que se pega nas cubertas dun libro para protexer a primeira e a última páxinas.
    • Exemplo: Púxolle gardas novas ao dicionario

      .
  5. Cada unha das dúas follas de papel de cor branca ou crema pálida, que poñen os encadernadores das editoras ao principio e ao fin dos libros.
    • Exemplo: Eu poño na primeira garda dos meus libros a data en que os merquei.

  Substantivo

garda (ms: garda; mpl: gardas; fs: garda; fpl: gardas)

  1. Individuo que é membro dun corpo de seguridade.
    • Exemplo: Prendérono uns gardas

      .

Termos relacionados

baixar a garda, en garda, de garda, estar de garda, Garda Civil, garda de asalto, garda de corps, garda de honor, garda municipal, Garda Pretoriana, garda de tráfico, Garda Suíza, garda urbano, gardián, montar a garda, posición de garda.