Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «hemisferio».
 
Mapa que representa os hemisferios occidental e oriental da Terra
 
En vermello, a cisura lonxitudinal que separa os hemisferios cerrebrais
  •   Pronuncia: /ɛ.misˈfɛ´.ɾjo̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

hemisferio (sg: hemisferio; pl: hemisferios)

  1. (Xeometría) Cada unha das dúas metades en que se divide unha esfera por un plano que pase polo seu centro.
  2. (Xeografía) Cada unha das dúas metades (hemisferio norte e hemisferio sur) nas que se divide a Terra polo plano que a corta no ecuador.
  3. (Xeografía) Cada unha das dúas metades (hemisferio occidental e hemisferio oriental) nas que se divide a Terra polo meridiano de Greenwich.
  4. (Anatomía) Cada unha das dúas metades nas que se divide o encéfalo pola cisura lonxitudinal.

Termos relacionados

Traducións