Galego

lote1

  •   Pronuncia: /ˈlɔte̝/ (AFI)

  Substantivo masculino

lote (sg: lote; pl: lotes)

  1. Cada unha das agrupacións, segundo o criterio que se siga, en que se desagrega un conxunto.
  2. Conxunto de unidades de produción dun produto alimenticio obtido, fabricado ou envasado en circunstancias prácticamente idénticas.
    • Exemplo: Houbo que destruír tódolos lotes de conservas nos que se utilizou esa partida de aceite contaminado.

  3. Entre os mariñeiros, cada unha das partes nas que se divide a pesca para reparti-los beneficios entre os tripulantes.
  4. Conxunto ou feixe de palla, herba etc. que se pode coller ou cargar dunha vez.
  5. Fardo de froitos por xunto que se levan á venda a unha feira.
  6. Agrupación de peixes de distintas especies que se venden por xunto, sen clasificar.

Traducións

lote2

Vexa no Galizionario as palabras en lote.

  Substantivo masculino

lote

  1. (Linguas do mundo) Lingua austonesia empregada por unhas 6000 persoas que viven pola zona do cabo Dampier, na costa meridional da illa de Nova Bretaña, a maior illa do arquipélago Bismarck, en Papúa Nova Guinea.