Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «porco».
  •   Pronuncia: [ˈpɔɾ.kʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

porco (ms: porco; mpl: porcos; fs: porca; fpl: porcas)

 
 
Porca e bacoriño
 
Exemplar de porco celta na Feira de Silleda
  1. (Zooloxía, Gandaría) Mamífero artiodáctilo (Sus scrofa domesticus) doméstico, omnívoro, de fociño case cilíndrico, orellas caídas e patas curtas. A súa cría recibe varios nomes: bácoro, bacoriño, corricho, leitón, marrancho, rancho, reco, rello, relo, roxelo, zacote.
    • Exemplo: Este ano vou montar unha granxa cuns dous centos porcos.

    • Observacións: Todas as razas de porcos derivan do xabarín.
  2. Carne de dito animal.
    • Exemplo: Hoxe imos comer costeletas de porco.

  3. (Figurado) Que anda ou está desaseado e sucio.
  4. (Figurado) Persoa malfalada.

Sinónimos

  Locución

Expresións relacionadas

[1]

[3], [4]

Traducións


Portugués

  •   Pronuncia: [ˈpoɾ.ku] (AFI)

  Substantivo masculino

porco (ms: porco; mpl: porcos; fs: porca; fpl: porcas)

  1. (Zooloxía, gandaría) Porco.
  2. (Figurado) Porco.

Expresións relacionadas