Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «verde».
 
  •   Pronuncia: /ˈbeɾðe̝/ (AFI)

  Adxectivo

verde (ms: verde; mpl: verdes; fs: verde; fpl: verdes)

  1. Que ten predominio do verde na súa cor.
  2. Árbores ou plantas que aíndas conservan o seu zume.
    • Exemplo: Xente nova e leña verde todo é fume.

    • Antónimos: seco.
    • Termos relacionados:
      • té verde: dise do que fixo torrando as follas do aínda frescas.
  3. Aplicado ós legumes, os que se consomen frescos, como os feixós, en contraposición dos que se consomen secos (garabanzos).
  4. Aplicado ós froitos, que aínda non maduraron.
    • Exemplo: Están verdes, dixo a raposa.

    • Antónimos: chegado, maduro.
  5. Dise da persoa inexperta, á que lle falta moito por aprender.
    • Exemplo: ¿Que tal Luís? Mal, aínda está moi verde.

    • Termos relacionados:
      • estar aínda verde: dise de calquera asunto ó que aínda lle falta moito por concluír. O proxecto de restauración da catedral aínda está moi verde. Hai que traballalo máis.
  6. Nalgúns oficios, como a albanelería, dise dos materiais -ladrillos, tellas- que aínda non secaron.
  7. Zonas das cidades destinadas a xardíns e non para erguer edificios.
    • Exemplo: Zona verde, cinturón verde.

  8. Narración, libro, chiste, película que contén escenas ou textos de certo contido sexual.
    • Exemplo: Agora que non hai rapaces, vou contarvos un chiste verde.

    • Sinónimos: indecente, obsceno.
    • Termos relacionados:
      • vello verde: home de certa idade que aínda intenta conquistar as mulleres moito máis novas.
        • Exemplo: Non o aturo. Éche un vello verde.

  9. (Política) Que é partidario da defensa do medio ambiente.
  10. Dise do viño de sabor áspero, elaborado engadindo uva sen madurar.
    • Exemplo: En Portugal gustan moito do viño verde.


  Substantivo masculino

verde (sg: verde; pl: verdes)

  1. Cuarta cor do espectro cunha lonxitude de onda entre 495 e 566. A cor da herba fresca.
    • Exemplo: As húmidas herbeiras estaban pintadas dun verde intenso.

  2. Herba segada fresca que se lle bota ó gando sen secar.
    • Exemplo: Bótalle máis verde á vaca, que acaba de parir.

Termos relacionados

  1. poñer verde [a alguén]: censuralo con moita acritude. Cando quedaron sós, puxérono verde.
  2. ter ou dar luz verde: ter ou outorgar os permisos necesarios para levar algo adiante. Só cando o concello che dea luz verde podes empeza-las obras.

Exemplo

     

Traducións

Termos relacionados

Véxase tamén


Castelán

  Adxectivo

verde (ms: verde; mpl: verdes; fs: verde; fpl: verdes)

  1. Verde.

  Substantivo masculino

verde (sg: verde; pl: verdes)

  1. Verde.


Portugués

  Adxectivo

verde (ms: verde; mpl: verdes; fs: verde; fpl: verdes)

  1. Verde.

  Substantivo masculino

verde (sg: verde; pl: verdes)

  1. Verde.