• Portada
  • Ao chou
  • Acceder ao sistema
  • Configuración
  • Doazóns
  • Acerca de Wiktionary
  • Advertencias

-alxia

  • Lingua
  • Vixiar
  • Editar

Galego

  •   Etimoloxía: do grego antigo άλγος (dor, sufrimento).
  •   Pronuncia: [ˈal.ʃjɐ] (AFI)

  Sufixo

-alxia

  1. Definición impropia: Sufixo de orixe grega empregado para a formación de varios termos da linguaxe médica co significado de 'dor' no lugar indicado polo primeiro elemento, como en: cardialxia, cefalalxia, gastralxia, odontalxia, otalxia, coxalxia e lumbalxia.

Observacións

Nótese que os dous últimos exemplos citados son compostos híbridos, nos que o primeiro elemento é de orixe latina: coxa (cadeira) e lumbus (ril, rexión dos riles). Polo tanto desde o punto de vista da terminoloxía científica serían incorrectos, pero de feito úsanse en todos os idiomas, por exemplo:
  • Alemán: Koxalgie (de)
  • Castelán: coxalgia (es)
  • Catalán: coxàlgia (ca)
  • Francés: coxalgie (es)
  • Inglés: coxalgia (en)
  • Italiano: coxalgia (it)
  • Portugués: coxalgia (pt)
A única maneira de escapar da incorrección lingüística sería considerar o sufixo -algia como elemento do latín científico, como fai, entre outros, o dicionario Webster's. De todos os xeitos cómpre dicir que os outros exemplos citados son, en latín científico, préstamos directos do grego clásico, que xa os empregaba:
  • καρδιαλγία < καρδία (corazón)
  • κεφαλαγία < κεφαλή (cabeza)
  • γαστρλαλγία < γαστρός (estómago, ventre)
  • οδονταλγία < οδούσ, οδόντος (dente)
  • ωταγία < ους, ωτός (orella)
Traído desde "https://gl.wiktionary.org/w/index.php?title=-alxia&oldid=635033"
Última edición o 25 de outubro de 2017 ás 06:56

Todo o contido está dispoñible baixo a licenza CC BY-SA 3.0, agás que se indique o contrario.
  • A última edición desta páxina foi o 25 de outubro de 2017 ás 06:56.
  • Todo o texto está dispoñible baixo a licenza Creative Commons recoñecemento compartir igual 3.0; pódense aplicar termos adicionais. Consulte os termos de uso para obter máis información.
  • Política de protección de datos
  • Acerca de Wiktionary
  • Advertencias
  • Termos de uso
  • Escritorio
  • Desenvolvedores
  • Estatísticas
  • Declaración de cookies