-ivo
Galego
-ivo (m: -ivo; f: -iva)
- Forma adxectivos ou algúns substantivos cuxa base da que deriva adoita ser un participio pasivo ou un substantivo latinos e, ás veces, un substantivo galego. Pode significar capacidade para o significado pola base ou inclinación cara a ela como en combativo, defensivo, persuasivo, reflexivo.
- Indica disposición para recibir o significado pola base ou situación de tela recibido, como en consultivo ou adoptivo.
- Entre os substantivos, algúns indican cargos o profesións, como en executivo ou en facultativo.
- Existen tamén algúns susbtantivos en -iva, como en alternativa ou en defensiva.
Observacións
- Por analoxía cos moitos adxectivos que, formados co sufixo -ivo, terminan en -ativo ou en -itivo, formáronse outros, considerando estas terminacións como novos sufixos.