froito: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: {{-gl-}} {{-subst-}} '''{{PAGENAME}}''' ''m'' {{VarN|froito||s}} # Órgano das plantas resultante da fecundación e transformación (maduración) do ovario da flor, caracte...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 24 de xuño de 2007 ás 14:00

Galego

  Substantivo

froito m (sg: froito; pl: froitos)

  1. Órgano das plantas resultante da fecundación e transformación (maduración) do ovario da flor, característico pois das plantas anxiospermas. A súa función é protexe-las sementes e contribuír á súa diseminación. Nesta transformación, a parede do ovario dá lugar ó pericarpio do froito e o óvulo á semente. A forma, consistencia, tamaño e aspecto en xeral son moi variables segundo a especie da que proveña. A mazá é o froito da maceira.
  2. Por ext. O que produce a terra cultivada. A xeada estragou o froito da horta.
  3. Fig. Resultado dun traballo. Quedou moi satisfeito do froito obtido tras tanto esforzo.
  • Obs. Na súa primeira acepción, non se debe confundir con froita, que é un concepto gastronómico.

Traducións