historia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ILVI (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2003 ás 04:08


historia s.f.

  1. Conxunto de feitos ocorridos no pasado, que afectan a toda a humanidade, a un grupo, unha persoa, ou un aspecto concreto dese pasado, etc., dando conta da súa evolución. Está escribindo un libro sobre a historia de Galicia. O home cambiou a través da historia.
  2. Ciencia que estudia eses feitos. Un profesor de historia. Comprei uns libros de historia.
  3. Recordo de certos feitos importantes que permanece a través do tempo. Eses encontros farán historia.
  4. Relato dun suceso, real ou imaxinado. Meu avó contaba moitas historias.
  5. Cousa falsa ou rumor que se conta como certo, con mala fe ou para enganar. OBS. Úsase sobre todo en plural. Todo o que se di del non son máis ca historias.