illante: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: Denomínase illante eléctrico ó material con escasa condutividade eléctrica. Aínda que non existen corpos absolutamente illantes ou condutores, senón mellores ou peores condutores...
 
Sen resumo de edición
Liña 1:
Denomínase illante eléctrico ó material con escasa condutividade eléctrica. Aínda que non existen corpos absolutamente illantes ou condutores, senón mellores ou peores condutores, son materiais moi utilizados para evitar curtocircuítos, forrando con eles os condutores eléctricos, para manter afastadas do usuario determinadas partes dos sistemas eléctricos que, de tocarse accidentalmente cando se atopan en tensión, poden producir unha descarga, e para confeccionar illantes, elementos utilizados nas redes de distribución eléctrica para fixar os condutores aos seus soportes sen que haxa contacto eléctrico. Os máis frecuentemente utilizados son os materiais plásticos e os cerámicas.
O comportamento dos illantes débese á barreira de potencial que se establece entre as bandas de valencia e condución que dificulta a existencia de electróns libres capaces de conducir a electricidade a través do material (para máis detalles ver [[semicondutor]]).
Un material illante da electricidade ten unha resistencia teoricamente infinita. Algúns materiais, como o aire ou a auga, son illantes baixo certas condicións pero non para outras. O aire, por exemplo, illante a temperatura ambiente e baixo condicións de frecuencia do sinal e potencia relativamente baixas, pode converterse en condutor.