medio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ILVI (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 13 de abril de 2003 ás 06:36

medio s.m.

  1. Conxunto de aspectos ou factores que aprende a persoa e inflúen directamente sobre ela, tales como os factores económicos, culturais e interhumanos, excluíndo os aspectos de natureza innata.
  2. Conxunto de circunstancias materiais, persoais, económicas, sociais etc. que interactúan cos factores xenéticos e forman un contorno influínte no desenvolvemento da personalidade.
V. ambiente.
Medio circundante: conxunto de condicións que imperan no medio social, que rodean e afectan directamente os individuos formando todo tipo de interrelacións constituíntes da unidade organismo-medio.
Medio expresivo: contorno que posibilita a expresión a través de diferentes áreas.
V. expresión.
Medio interior: medio formado por tódolos líquidos corporais, tales como o sangue, a linfa ou os líquidos intersticiais, entreoutros, relacionados cos diferentes órganos do corpo humano.
Medio tectopsíquico: medio non natural creado polo home, tanto arquitectónico como cultural, no que se leva a cabo o desenvolvemento da vida das persoas que o constitúen.
Medio, investigación do: procesos de investigación que utilizan como instrumentos básicos a entrevista e a observación, para poder estudia-las diferentes condicións sociais.
Medios audiovisuais de ensinanza e aprendizaxe (MAV): conxunto de instrumentos ou procedementos de educación e información baseados nos descubrimentos modernos de imaxes e sons a través dos que transmiten as mensaxes (cine, televisión, magnetofón e radio).
Medios de comunicación social e de masas: tódolos medios de difusión pública que transmiten simultaneamente a mesma información a un gran número de persoas.
V. mass-media.
Medios didácticos: conxunto de instrumentos e medios facilitadores do proceso de ensinanza-aprendizaxe. Seleccionánse en función dos obxectivos que se queren acadar e dos contidos seleccionados que, dentro da programación didáctica, forman parte da planificación metodolóxica.
Medios educativos: totalidade de medios e recursos empregados na educación, ou que teñen fins educativas. A finalidade da educación pode estar implícita en calquera medio de comunicación.
Medios instructivos: medios específicos do proceso educativo regulado e institucionalizado, dos que forman parte o emprego do ordenador e a secuenciación das mensaxes emitidas polo profesor.
Medios refractivos: compostos que posibilitan a refracción da luz na formación de imaxes retinianas. Os medios refractivos están compostos por tecidos e líquidos transparentes, formando así a córnea, o humor acuoso, o cristalino e o humor vítreo.
Medios, combinación de: conxunto de medios educativos de distinta natureza, agrupados de forma coordinada para levar a termo un bo proceso didáctico. O obxectivo básico da tecnoloxía da ensinanza e a didáctica de medios, é claramente o de cambia-los hábitos da aprendizaxe, tomando unha dirección multisensorial. As condicións indispensables para acadar unha combinación exitosa son o adestramento previo sobre o seu uso e a accesibilidade para tódolos alumnos. Os medios, en por si, están formados por todo tipo de material técnico, dende o cine ata os magnetoscopios, coordinados conxuntamente nun contexto didáctico.
Medios, terapia: técnica baseada no uso do ámbito social e persoal do suxeito e das modificacións ou transformacións deste, que poidan ser utilizadas con fins terapéuticos.