Contido eliminado Contido engadido
Aricum (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
m Nova sección: →‎novo modelo
Liña 26:
Ola, Aricum. Vexo que estamos editando xa con máis asiduidade os dous e estaría ben poñernos de acordo. Como supoño que sabes, o template -gl- remite á mesma palabra na Galipedia. Non sempre existe esa palabra, polo que ás veces é innecesario facer esa ligazón. Dado que si que é preciso ter un encabezado para marcar unha forma como galega e esa non vale sempre, creei o template -glref- que ten ese cadriño de remisión e teño a idea de cambiar -gl- para deixalo sen cadriño. Como estás creando artigos baseándote no modelo da Galipedia, supoño que neles vas sempre necesitar -glref-. Avísote así para que cambies e comeces a usar este. Por qué cambiar -gl- para deixalo sen remisión e non deixalo como está, poñendo o outro sen remisión? Moi sinxelo: porque xa fixen cálculos e hai menos artigos que precisan remisión e máis nos que é innecesaria. Así, o futuro bot que faga os cambios terá menos artigos que repasar. Estes cálculos fíxenos para os 10500 artigos que había antonte pola noite, así que só están fóra dos meus cálculos os que se crearon onte e hoxe: as parroquias de Prevert e os teus de política. Como non chegan a 40, creo que é a mellor opción, fronte ós 1600 que tén que repasar o bot. Se queres ir vendo unha proposta miña de como estruturar artigos, podes vela [[User:Sobreira/modelo|aquí]]. Cando teña tempo de facer unha programación e rematala, hei expoñela ó público e levala a cabo cun bot. Espero que sigamos creando xuntos. [[Image:Flag of Western Sahara.png|20px]] [[User:Sobreira|Sobreira]] [[User_talk:Sobreira|(''parlez'')]] 15:46, 6 novembro 2007 (UTC)
* O bot aínda non está programado, pero a lista de artigos onde hai que cambiar o modelo xa está feita (se queres comprobalo, mira [[w:User:Sobreira/Galizionario]]). Aínda non teño bot, nin sei como vou facer, pero contamos coa axuda de Banjo, Prevert e outros que xa saben. Do das partes do corpo (e do porco) non sei se é programable (supoño que si) pero co que sei de momento adianto que se podería facer xa. Se seleccionei unha lista de páxinas que están na Galipedia e no Galizionario, supoño que será máis doado facer as do corpo que non teñan -gl-. De tódolos xeitos non son tantas e poderíase facer a man. Anoto na miña lista de cousas que haberá que facer. Un consello para decidir se usar -glref- ou -gl-: primeiro usas sempre -glref-, dáslle a Vista previa-Show preview (agora cambio iso se o averiguo) e na propia proba abres unha nova fiestra premendo na ligazón da caixa de remisión; se existe deixas -glref-, e se non cambias a -gl-. Xa che contarei máis cousas. Igual interésanche tamén os cambios de [[Wiktionary:Lista de todos os modelos de artigo]]. Engadín máis para as categorías gramaticais, semánticas e pragmáticas que van ir aparecendo (para as gramaticais en galego teño sesenta e pico en total, porque si que van ser necesarias; para o alemán ou o latín por exemplo, tamén haberá que crear para o xénero neutro, e para o inglés quitarlle o xénero). [[Image:Flag of Western Sahara.png|20px]] [[User:Sobreira|Sobreira]] [[User_talk:Sobreira|(''parlez'')]] 16:47, 6 novembro 2007 (UTC)
 
== novo modelo ==
 
Boa idea. Tiña pensado xa niso, pero pensaba deixalo para despois de ir creando outras cousas. Adiantáchesme ;). Na miña opinión, só lle cambiaría o seguinte:
* poñer '''Palabras sen transcrición fonolóxica''', non fonética; a fonolóxica é o prototipo de como se pronuncia en galego, mentres que a fonolóxica pode variar co contexto fónico e pode ser múltiple para cada palabra;
* poñelo entre barras, non entre [] (iso é a transcrición fonética);
* hai que pensar tamén en incluír a transcricións SAMPA: hai que investigar, pero dáme que tén que haber algún modelo que faga a conversión de SAMPA a AFI sen ter que preocuparse dos caracteres específicos do AFI;
* se queres unha referencia, podes usar o dicionario VOX gl-es es-gl, que é o único que transcribe tódalas palabras;
* se precisas axuda, avísame por se sei facer algo (ou consulto eu o dicionario na casa);
* eu quitaríalle a repetición da palabra '''galego''', porque o usuario xa tén a palabra como título e así evitamos repetila unha e outra vez.
Voulle engadir tamén a etimoloxía a ver que che parece, e crear a nova categoría. Cando poida tamén vou ampliar a páxina de fontes bibliográficas, que de momento está en recursos para tradución.
Se queres imos facendo [[galego]] como novo modelo con todo o que se nos ocurra, porque é un artigo significativo. Fun deixando uns anuncios na [[Wiktionary:Taberna|Taberna]] para todos, aínda que de momento somos ti, eu e Prevert, e ás veces XCFraga. Moi bo traballo coa política. [[Image:Flag of Western Sahara.png|20px]] [[User:Sobreira|Sobreira]] [[User_talk:Sobreira|(''parlez'')]] 18:09, 10 novembro 2007 (UTC)