Wiktionary:Glosario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
m Nova páxina: *'''Acepción''': Cada un dos distintos significados que ten unha forma escrita. *'''Cabeceira''': v. entrada. *'''Encabezado''': v. entrada. *'''Entrada''': Cada un dos textos do Gali...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 22 de decembro de 2007 ás 16:15

  • Acepción: Cada un dos distintos significados que ten unha forma escrita.
  • Cabeceira: v. entrada.
  • Encabezado: v. entrada.
  • Entrada: Cada un dos textos do Galizionario que remeda o que se pode atopar nun dicionario para cada acepción (v. supra). Unha páxina pode ter varias entradas en diferentes linguas, e para unha mesma lingua pode haber tamén varias entradas.
  • Forma: No seu habitual sentido restrictivo, a forma gráfica. Dúas palabras con igual forma gráfica e distinta pronuncia, nunha ou diferentes linguas, chámanse palabras homógrafas ou homógrafos
  • Galifontes: Proxecto de Wikisource en galego, irmán do Galizionaro, onde se recollen textos orixinais sen dereitos de autor. Albérgase en http://gl.wikisource.org.
  • Galilibros: Proxecto de Wikibooks en galego, irmán do Galizionaro, onde se recollen textos non orixinais sen dereitos de autor. Albérgase en http://gl.wikibooks.org.
  • Galipedia: Proxecto de Wikipedia en galego, irmán do Galizionario, con formato de enciclopedia. Albérgase en http://gl.wikipedia.org.
  • Galizionario: Versión galega do Wiktionary, o dicionario multilingüe, albergada e sostida pola Fundación Wikimedia.
  • OmegaWiki: Proxecto en fase de probas de Wiktionary con interface multilingüe seleccionable (seleccionable) e estruturado como tesauro. Albérgase en http://www.omegawiki.org
  • Páxina: Cada un dos documentos HTML que no Galizionario se aplican a unha forma determinada en calquera lingua.
  • Palabra: Aínda que hai moitas definicións de palabra e moitos subtipos (palabra gráfica, palabra gramatical, palabra léxica, etc.), no Galizionario úsase principalmente como sinónimo de forma.
  • Redirección: Sistema e técnica que envía directamente a outra páxina do Galizionario, así como a páxina mesma onde se aplica. Normalmente pasan inadvertidas agás pola marca "(Redirixido dende AAA)" que aparece na parte superior da páxina e debaixo do seu título. No Galizionario úsanse moito para enviar as palabras en maiúscula inicial á súa correspondente minúscula (v. por exemplo Galego).
  • Remisión: Referencia nunha lingua á súa tradución
  • Sección: Cada unha das divisións dunha páxina que aparecen na táboa de contidos.
  • Sinónimo: Palabras que teñen o mesmo significado. É un debate inconcluso se existen sinónimos exactos e en tódolos contextos, pero no Galizionario usámolo no seu senso amplo, para palabras que teñen significados moi semellantes (relacionables nun Tesauro como hiperónimos e hipónimos maioritariamente do mesmo grupo de palabras).
  • Táboa de contidos (table of contents): Índice xerado automaticamente dunha páxina.
  • Tesauro: Dicionario estruturado semáticamente, onde as formas están localizables polo seu significado.
  • Verbete: v. forma.