Wiktionary:Glosario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
forma e convencions
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 1:
*'''Acepción''': Cada un dos distintos significados que ten unha forma escrita.
*'''Cabeceira''': v. entrada.
*'''[[Definición]]''': Expresión do significado dunha palabra, que se fai con outras palabras. Nun dicionario ben feito, unha definición correcta debería cumprir tres condicións:
:* poder substituír á palabra que define en tódolos seus contextos, o cal implica;
:* que o núcleo da definición debe ter a mesma categoría gramatical có definido (isto non se cumpre coas que comeza con "Dise de..." ou "É cando...", ou se comezamos a definir un substantivo cun artigo, como en "A situación que...");
:* utilizar só palabras que estean no dicionario (como a [[Galipedia]] é un dicionario en creación permanente, moitas palabras que uses aínda non existirán);
*'''[[Definición impropia]]''': Definición que incumpre algún dos tres puntos anteriores, sobre todo o primeiro. Esta situación dáse habitualmente con palabras gramaticais (artigos, pronomes, preposicións, conxuncións, etc: ''[[uns]]'', ''[[lle]]'', ''[[de]]'', ''[[ou]]''), con abreviacións, abreviaturas, símbolos e siglas e con [[deíctico]]s (''[[aquí]]'', ''[[este]]'', ''[[outro]]''). Para non complicarse, pode facerse unha explicación marcándoa como impropia mediante o [[:modelo:definicionimpropia]]
*'''Encabezado''': v. entrada.
*'''Entrada''': Cada un dos textos do Galizionario que remeda o que se pode atopar nun dicionario para cada acepción (v. supra). Unha páxina pode ter varias entradas en diferentes linguas, e para unha mesma lingua pode haber tamén varias entradas.
*'''Etimoloxía''': Orixe da que procede unha palabra. En galego é habitual que procedan do sobre todo do [[latín]], con algunhas tamén do [[francés]], [[occitano]] ou [[provenzal]], [[italiano]], [[castelán]], [[inglés]] ou [[portugués]]. Unha boa fonte para averiguala son os dicionarios da [http://www.rae.es DRAE] e [http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisarcomp Estraviz]. En caso de [[antropónimo]]s e sobre todo de [[topónimo]]s tamén é moi posible que veñan do antigo xermánico traído por [[suevo]]s e [[visigodo]]s e mesmo de linguas prerromanas anteriores á implantación do latín en [[Galicia]].
:* É recomendable que se presenten coa palabra na outra lingua en cursiva e o seu significado orixinario entre comiñas. Cando se queira dar a etimoloxía de dúas partes, tamén é útil usar un ''+'' para separalas ([[minúscula]] < da forma feminina do [[latín]] ''minus'', "menor" + [[sufixo]] ''-culus, -cula, -culum'', "pequeno")
*'''Forma''': No seu habitual sentido restrictivo, a forma gráfica. Dúas palabras con igual forma gráfica e distinta pronuncia, nunha ou diferentes linguas, chámanse [[homógrafo|palabras homógrafas ou homógrafos]]. No caso das linguas flexionais como o [[galego]] ou o [[polaco]], existen convencións para escoller a forma se usará de título de páxina, é dicir, baixo que páxina se inclúen os datos: para os distintos tempos e persoas dos verbos escóllese o infinitivo (e non ningunha forma conxugada nin o pronominal co pronome: *[[lavar]]se; en [[latín]] úsase combinado con outras formas), para os distintos xéneros e números dos substantivos e adxectivos útilízase o masculino singular, para os distintos casos das palabras que declinan elíxese o nominativo ou o caso recto, etc. Certas palabras usuais presentan tódalas formas (nos pronomes consta o nominativo '''eu''', o acusativo '''min''' ou o ablativo '''comigo''').
*'''Galifontes''': Proxecto de Wikisource en galego, irmán do Galizionaro, onde se recollen textos orixinais sen dereitos de autor. Albérgase en http://gl.wikisource.org.