Wiktionary:Glosario: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 8:
*'''encabezado''': v. entrada.
*'''entrada''': Cada un dos textos do Galizionario que remeda o que se pode atopar nun dicionario para cada acepción (v. supra). Unha páxina pode ter varias entradas en diferentes linguas, e para unha mesma lingua pode haber tamén varias entradas.
*'''etcétera''': Palabra que en [[latín]] significaba "e o restante". Dado que ante a conxunción ''e'' non se adoita escribir unha coma, semella que tampouco ''etcétera'' debería ir precedido de coma, pero esta convención é moi moderna, existe unha tradición moi longa de poñerlle coma (e máis se se abrevia mediante ''etc.'') e, a fin de contas, era unha conxunción en latín, non en galego.
*'''etimoloxía''': Orixe da que procede unha palabra. En galego é habitual que procedan do sobre todo do [[latín]], con algunhas tamén do [[francés]], [[occitano]] ou [[provenzal]], [[italiano]], [[castelán]], [[inglés]] ou [[portugués]]. Unha boa fonte para averiguala son os dicionarios da [http://www.rae.es DRAE] e [http://www.agal-gz.org/estraviz/modules.php?name=Dictionary&file=pesquisarcomp Estraviz]. En caso de [[antropónimo]]s e sobre todo de [[topónimo]]s tamén é moi posible que veñan do antigo xermánico traído por [[suevo]]s e [[visigodo]]s e mesmo de linguas prerromanas anteriores á implantación do latín en [[Galicia]].
:* É recomendable que se presenten coa palabra na outra lingua en cursiva e o seu significado orixinario entre comiñas. Cando se queira dar a etimoloxía de dúas partes, tamén é útil usar un ''+'' para separalas ([[minúscula]] < da forma feminina do [[latín]] ''minus'', "menor" + [[sufixo]] ''-culus, -cula, -culum'', "pequeno")
Liña 17:
*'''Galizionario''': Versión galega do Wiktionary, o dicionario multilingüe, albergada e sostida pola Fundación Wikimedia.
*'''lematizar''': Escoller a forma que será o título do artigo. Nos sinónimos lematízanse tódalas formas.
*'''nome científico''': Lembra que sempre se escribe en cursiva e só vai en maiúscula a primeira inicial, sexa dun animal ou vexetal, aínda que a segunda palabra proceda dun nome propio: '''[[Rana perezi]]''', '''[[Vipera seoanei]]''').
*'''OmegaWiki''': Proxecto en fase de probas de Wiktionary con interface multilingüe seleccionable (seleccionable) e estruturado como ''tesauro''. Albérgase en http://www.omegawiki.org
*'''páxina''': Cada un dos documentos HTML que no Galizionario se aplican a unha forma determinada en calquera lingua.