espiña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
espiña
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 19 de xullo de 2008 ás 21:13

Galego

  Substantivo feminino

(sg: espiñas; pl: espiña)

  1. Puga que posúen algunhas plantas. Esa roseira ten unhas espiñas tremendas.
  2. Cada unha das pezas óseas, delgadas e agudas, do esqueleto dos peixes óseos (osteíctios), que saen das vértebras, así como as que soportan as aletas. O malo do congro son as espiñas que ten. Tamén se aplica ó conxunto do esqueleto dos peixes (ás anchoas hai que sacarlles ben a espiña.
  3. Espiñazo, columna vertebral. Tamén se di espiña dorsal.
  4. Gran de graxa na cara e, ás veces, noutras partes do corpo.
  5. En sentido figurado, pesar fondo e duradeiro. A morte da filla foi unha espiña toda a súa vida.

Locucións

Locucións substantivas

  • Espiña bífida: malformación das últimas vértebras da columna, que provoca a protrusión da medula.
  • Espiña dorsal: columna vertebral.

Locucións verbais

  • Dar [algo ou alguén] mala espiña: intuír que algo ou alguén vai causar problemas, provocar receo. Parece bo tipo, pero a min dame mala espiña
  • Sacarse a espiña: recuperarse dunha perda, normalmente económica.

Sinónimos