cerebro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
cerebro
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de agosto de 2008 ás 22:46

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «cerebro».
 
Vista externa do cerebro

  Substantivo masculino


singular plural
cerebro cerebros


  1. (Anatomía) Parte anterior do encéfalo dos vertebrados.
    • Observacións: Está formado por unha parte anterior (prosencéfalo) e unha parte media (mesencéfalo). Presenta dous hemisferios separados por un suco lonxitudinal e a súa superficie está marcada por numerosos sucos sinuosos que delimitan as chamadas circunvolucións.
  2. Por extensión, o conxunto do encéfalo, incluíndo o cerebelo e o bulbo.
  3. (Zooloxía) Nos invertebrados, conxunto de ganglios nerviosos que coordinan o seu sistema nervioso.
  4. (Figurado) Punto no que reside a intelixencia, as facultades mentais.
  5. (Figurado) Persoa que dirixe unha operación e decide os pasos a dar.
    • Exemplo: Ó final, non conseguiron dete-lo cerebro da estafa.

Traducións