Conversa usuario:Norrin strange/Arquivo1: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elvire (conversa | contribucións)
→‎De que falamos?: moitissimas grazas
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 65:
:::Moitissimas grazas Norrim strange de atenderme. Esta vez alegrame moito que ti me trates de ''señoriña''. Penso que vamos concordar : [[Wiktionary:Taberna#Proposta de consenso]], e penso que isto, se temos consenso, sera un adianto para o Galizionario. [[Usuario:Elvire|Elvire]] 21:02, 10 decembro 2008 (UTC)
::::Por outra banda, tes que saber que na conversa sobre o porque a bandeira do reino unido pode representar o inglés e a bandeira do estado español pode representar a lingua castelá, eu considero que non dín os meus argumentos para convencerche, xa que pasamos o tempo en establecer confianza e comunicación entre nós. '''Polo de momento ó que importa é que teñamos consenso coas cabeceiras dos artigos,''' e penso que vaise ter, e é tamén moi importante que siguas ise traballo que comezaches ... e si posible ainda outros. Se un día pasa a ocasion xa tratarei de convencerche, hoxe non é necesario para o proxeto ... e non temos tempo. Estou moi agradecida Norrim strange. Saúdos [[Usuario:Elvire|Elvire]] 21:02, 10 decembro 2008 (UTC)
 
== Wikis/Galizionario/Bandeiras ==
 
Ola Norrin strange. Xa nos coñecemos desde hai moito tempo e temos adicado moitas horas a falar na Galipedia explicandoche o funcionamente do proxecto, despois de todo ese tempo eu polo menos teñoche moito aprecio. Hoxe pola mañá entrei no Galizionario e vin que falas de retirarte por desacordos cos proxectos Wikimedia en galego. Vou tentar debullar as cuestións fundamentais que expuxeches (espero non esquecer ningunha).
 
Sorpréndeme os reproches que fas á Galipedia, alí varios colaboradores temos adicado moito esforzo para tentar axudarche, ten en conta que moitas das túas edicións presentaban problemas co [[w:en:Wikipedia:Neutral point of view|Punto de Vista Neutral]]. Como sabes o Punto de Vista Neutral é un dos [[w:en:Wikipedia:Five pillars|fundamentos da Wikipedia]], polo tanto é innegocionable. Citas dous casos concretos: o da toponimia e o dos nomes dos equipos de fútbol, non sei que propuxeches sobre o títulos dos equipos de fútbol pero en canto á toponimia hai poucas semanas houbo unha proposta de votación formal na que só participou a persoa que fixo a proposta, quero dicir con iso que o teu reproche é infundado. Créalo ou non podoche asegurar que o teu traballo, as túas mensaxes, as túas colaboracións tiveron moito máis eco do que poidas pensar, un respecto e unha marxe de acción moi grande.
 
Antes de continuar vou comentar algo sobre os wikis, na práctica cando comezamos a colaborar nun proxecto deste tipo adquirimos un compromiso de respectar os principios do wiki, de respectar aos compañeiros, de tentar traballar en favor da comunidade e en beneficio do proxecto. Iso significa que imos ter que realizar certas renuncias para conseguir que as cousas funcionen, temos que renunciar a unha axenda persoal na procura do ben do conxunto. Sabemos de antemán que en moitas ocasións haberá decisións, acordos, regras que nos gusten pouco ou nada, poida que preferiramos que certas cuestións tomen outro camiño. Na vida cotiá ao interaccionar con outras persoas hai diferentes pareceres, ás veces concordamos e outras non, nese sentido o wiki non é moi distinto, salvo que aquí queremos producir contidos libres e para iso tentamos minimizar as nosas diferenzas. Se cada vez que hai algo que nos disgusta deixaramos de colaborar non chegariamos a nada.
 
O Galizonario xa ten catro anos pero aínda non conseguiu consolidar unha comunidade estable, apenas somos media ducia de colaboradores habituais (máis ou menos), nesas circunstancias resulta paradoxal que haxa desacordos moi marcados, mesmo que poida surxir algún conflito. O wiki non acadou o grao de madureza (evolución) que lle correspondería a ese período temporal. Neste estadio compre chegar as consensos (totais ou parciais), haberá temas que estean abertos moitos tempo e logo aparentemente de súpeto se pecharán. A evolución propia do proxecto irá presentando as solucións. As votacións neste punto serán aplicables dun xeito moi limitado, tes que ter en conta tamén que a votación non se pode entender como unha mera suma de votos senón como un procedemento de debate razoado onde se chegan a acordos. Neste momento é máis importante conseguir crear contidos que enlearse en grandes discusións, mesmo son máis operativas as pequenas decisións que os debates moi complexos.
 
Pasemos ao tema das bandeiras, nunha mensaxe dis que ''"Fixen o troco en ES e EN porque ben sei eu que de non facelo o debate non houbese chegado"'', teño que dicir que é un procedemento incorrecto, non se pode forzar un debate nin [[w:en:Wikipedia:Do not disrupt Wikipedia to illustrate a point|ilustrar un punto de vista]] dese xeito. Indepentemente da decisión final que se tome sobre as bandeiras non me queda outra opción que desfacer eses cambios. Quédame pendente un tema sobre as bandeiras e a sinatura que tiña pensado comentarche desde hai semanas na Galipedia pero xa o farei noutro momento.
 
Para finalizar, quero agradecerche que colabores aquí. Fainos falta contar contigo e cando digo isto non o fago como unha fórmula ou para quedar ben. Espero verte axiña de volta, naquilo no que poida axudarche conta comigo se o precisas (aínda que non teño moito tempo). Grazas. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 21:06, 10 decembro 2008 (UTC)
Volver á páxina do usuario "Norrin strange/Arquivo1".