Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Nova sección: →‎Comentario
Liña 352:
 
**As miñas desculpas polas dores de testa. Xa desculpeime con Elvire, e volto ao traballo. Unha vez máis, perdoa as molestias.--[[Usuario:Norrin strange|Norrin strange]] 20:32, 10 decembro 2008 (UTC)
 
== Comentario ==
 
Ola Furagaitas. Parecéume entender dalgunha das túas mensaxes que hai algunha cuestión que non che parece ben da evolución deste wiki. Se consideras que houbo algún trato incorrecto contigo ou cres que hai algunha aclaración que estea pendente espero que mo fagas saber e tentarei, na medida das miñas posibilidades, ofrecerche cantas explicacións sexan precisas. Quixera aproveitar para facer un comentario sobre o tema das votacións, na etapa na que estamos en realidade non se poden depositar demasiadas expectativas en resolver mediante votacións os diversos temas. Neste momento non hai moita diferenza entre o que se poida conseguir mediante o consenso e o que surxa dunha votación razoada (ten en conta que a votación non se pode limitar á emisión de votos a favor ou en contra). Por outra banda, son moi poucos colaboradores os que cumpren os requisitos para que o voto sexa válido, así que hai máis posibilidades de participación nos consensos parciais. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 21:50, 10 decembro 2008 (UTC)