Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Nova sección: →‎Re: Pregunta
Liña 372:
 
Ola Furagaitas. A pregunta non ten unha resposta simple, é preciso facer unha exposición que contemple os diversos aspectos a ter en conta. Agora vou ás présas e non teño tempo suficiente, tentarei responder mañá. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 15:25, 11 decembro 2008 (UTC)
 
== Modelo da Zona de probas ==
Estéticos si, pero algo máis. Gústame así clariño, con pouco texto visible. O exceso de información desinforma. Irei por partes. Primeiro as cousas que eu considero irrenunciables. Non quero dicir que sexa exactamente irredutible-inflexible-intolerante, por que cambiei a miña proposta de modelo respecto á do ano pasado, pero a intuición dáme que non é boa idea pasalas por alto.
 
Cuestións previas:
* Hai que averiguar primeiro que vai pasar coa fonte, dos exemplos polo menos, por que se ó final non se pode, estaríamos decidindo sobre poñerlle portas ó mar.
* Tamén hai que saber que imos admitir como entrada, por que se non creamos ou redireccionamos unha páxina dunha información hai que meter eses datos noutra, e iso vai alterar todo modelo que se propoña.
 
C. xerais:
* case-Irredutible 0: Estou cada vez máis convencido de meter todo o que non sexan definicións e exemplos en caixas (táboas) despregables, pero sei que tamén reduce a visibilidade da información que si consta (se se deixan agochadas por defecto; outra cousa é predeterminalas para que se amosen sempre)
* Inflexible 1: Podo asumir que reapareza o PAGENAME coas novas etimoloxías, e que se numeren as homonimias, cousa sempre complicada, pero podo entendelo. Ata paréceme útil entón por que así podemos poñer outra vez a etimoloxía sen problema de asignación. Podo asumir tamén agrupar dentro de cada etimoloxía por categorías gramaticais e poñer só unha vez a flexión correspondente. Pero son bastante irreductible no de non numerar as definicións, por cuestións prácticas ó ampliar unha nova acepción. Témonos que deixar as cousas cómodas tamén a nós mesmos. Por iso non usaría ''Def 1 de 4'' nin en traducións. Ademais poden xurdir problemas de cal poñer primeiro, eu quero esta, eu a outra e xa sabemos como somos os dicionaristas (os que somos detallistas; logo hai cada túzaro en papel que vamos...).
** Outra cousa, máis de detalle, dentro deste tema é que entón teríamos que poñer couce1 e couce2 nunha barra e non sobre fondo branco, por que se non non destaca entre a barra de lingua e a caixa de etim. Podería facerse unha gradación do cor de azul máis escuro (lingua, ==), medio (etimoloxía), medio apagado (categoría gramatical) e apagado (definición, =====). Coido que a de definición é tamén imprescindible para poder navegar mediante o índice.
* Intolerancia 2: Tampouco son partidario de andar a poñer moitos niveis: os catro anteriores son abondo e case de sobra. Nunca poría máis de catro, primeiro por que complican o índice e segundo por que cantos máis iguais menos se nota que é título. Dígoo tamén polo de "ou se crean cabaceiras sen nivel dentro do Véxase tamén...".
* Irrenunciable literalmente, para min o máis irrenunciable de todos: '''agrupar por significados'''
 
* Poríalle caixas a todo por que nos está solucionando e aclarando moito (conceptual e visualmente): para Trad, Sin, Campo '''semántico''' (se se quere ou só unha liña xusto despois da definición, pero nisto entendo que é o que a min máis me interesa e é deformación profesional-vocacional), termos ''morfoloxicamente'' relacionados (ou campo '''morfolóxico'''), fontes estilo [[arelar]] (para as fontes doutras cousas como o exemplo ou etimoloxía poríao xusto despois de cada caso particular), locucións e refráns (eu son partidario de que teñan entrada, pero en todo caso, aínda que non tivesen, deberían constar tódolos que se puidesen meter),... e todo o que non está no anterior, que sobra, a Véxase tamén, pero como dixen sen cabeceiras.
* Deixaría a etimoloxía onde está debaixo da marca de homónimo, por que aí teño a intuición que é onde debería estar. Metela en Véxase tamén por moi longa que sexa só dispersa a información e cando interesa habería que andar a buscala.
 
C. particulares e pura estética:
* A raia, a caixa de flexión á mesma altura ou debaixo da especificación de categoría, centrada ou á esquerda, a negriña nas traducións, a flexión despregable ou non (mesmo a orde das linguas, das traducions, das categorías), negra, cursiva, as definicións con esas comiñas (que non queda mal, non), con "'''Definición'''" ou só coa cabeceira de sección: isto todo éme bastante máis indiferente, por que non afecta nada á estrutura, e ab-usando (de) modelos é modificar o modelo e punto. Iso si que son cuestións de fiar moi fino. De feito, pódeselle poñer que as caixas de flexión verbal sempre aparezan amosadas e entón iso quedaría á discreción do usuario. Con todo, nun navegador que non sexa o meu, pode verse todo distinto e mesmo mal colocado, pero o que non pode estar é mal distribuído.
* [[cumprir]]: Dáme a impresión de que se teñen distinta conxugación é por que teñen distinta etimoloxía, co cal o problema de repetir a flexión desaparece por que => tamén se repetiría a etimoloxía => aparecería cumprir2.
 
A fin de contas: acabamos de descubrir a pólvora por que esta é a estrutura exacta dos dicionarios en papel... Mañá igual sigo. [[User:Sobreira]]