Wiktionary:Taberna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 40:
 
Por tanto, vou crear sucesivos apartados deste, consultando as diferentes dúbidas que podamos ter todos, para así ir chegando a un acordo. Non vou ''give up'' ata que consigamos unha boa base sobre a que seguir a construír este gran dicionario galego universal, multilingüe e libre. -[[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]] 11:51, 16 maio 2009 (UTC)
 
:Comezo cunhas consideracións previas: o Galizionario ten a súa orixe no Wiktionary, polo tanto o que aquí se fai presenta unha continuidade co resto dos Wiktionaries. Asemade o traballo dos usuarios basease no que outros fixeron antes e serve de base para os que veñen despois. Quero dicir con iso que o proxecto non se fundamenta en regras inventadas por nós, mesmo no caso de que non estean postas por escrito, naturalmente como no resto dos wikis Wikimedia trátase dun traballo en progreso no que certos principios vanse asentando a medida que maduran. O feito de que o proxecto estea en continua evolución non implica en que de antemán todas as regras estean completamente determinadas nin que deban revisarse cada vez que chega un usuario novo.
 
:Teño que dicir que discrepo completamente co afirmación de que o Galizionario "está completamente desorganizado" e "fai falla unha urxente homoxenización do proxecto", ao contrario a medida que medra o wiki gaña en coherencia, consistencia e rigor. Nos últimos meses moitos usuarios adicaron o seu esforzo a conseguilo, entre eles nunha lista incompleta: Aricum, Sobreira, Furagaitas, Lameiro, Elvire,... É certo que colaborar neste proxecto non é tan doado como na Galipedia e quizais, na miña opinión, o maior problema sexa conseguir consolidar unha comunidade de colaboradores estable. En canto aos consensos teñense desenvolvido debates na Taberna sobre diversas cuestións, algunhas pechadas e outras en curso. Algúns temas evolucionan moi lentamente pero iso é normal no estado de evolución do proxecto.
 
:Pasando as cuestións particulares quixera matizar que non creo que nin Elvire nin eu escribisemos na túa páxina de conversa para "chamarte a atención" senón só para que souberas o procedemento habitual de creación de entradas no wiki. Tratábase de seguir a cortesía e o espírito de colaboración propia dos proxectos Wikimedia. Cando Elvire fala de consenso entendo que se refire a que non se acadou un consenso para mudar o xeito de proceder ata agora. Con respecto ás indicacións a Raspiñeiro, outra vez na miña opinión, non foron acertadas, pero ningún de nós naceu aprendido (eu o primeiro) e todos podemos cometer erros. Tocante a axuda dáme a impresión de que se trata de dúas axudas: unha de tipo técnico (que é na que estás traballando neste momento) que pode ser basicamente semellante á da Galipedia e a axuda especifica deste proxecto que é a que me parece que estás reclamando na túa mensaxe. Penso que enagdir pouco a pouco novas directrices ás que xa existen pode axudar (Furagaitas, Sobreira, Lameiro e Elvire teñen falado delo) e digo pouco a pouco porque penso que iso depende da evolución do wiki e creo que neste momento os usuarios actuais non temos dereito a determinar todos e cada un dos aspectos do wiki porque iso iría en contra do espírito Wikimedia, así e todo insisto só é unha opinión. Para finalizar, personalmente penso que o fundamental é tentar consolidar unha comunidade estable e o traballo común por riba doutras consideracións. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 17:00, 16 maio 2009 (UTC)
 
==Que contidos podo escribir no Galizionario?==