Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
m Nova sección: →‎Plurais
Prevert (conversa | contribucións)
m Nova sección: →‎Mensaxe na Taberna
Liña 41:
 
Ola Gallaecio. Vin que estabas creando entrada coas palabras en plural, a regra actual no Galizionario é que as entradas das palabras sexan en singular, de feito nos modelos e formatos que se usan inclúense as formas en plural da palabra. Aínda que o Galizionario ten moi poucos usuarios, estes levan facendo un esforzo por darlle coherencia, consistencia e fiablidade, polo tanto é preferible realizar un debate previo antes de cambiar o procedemento actual. Todo o dito non lle quita valor ao teu traballo, precisamente para os proxectos en galego que non son a Galipedia é moi importante contar con colaboradores activos aínda no caso de que as entradas non sigan exactamente o modelo. Mesmo poida que no Galizionario sexa máis complicado seguir os modelos que na propia Galipedia (ata poida que sigan existindo certas inconsistencias). Vaian por diante as miñas desculpas por non ter estado moi presente utltimamente e por non ter sido de axuda no clarexemento destas cuestións e semellantes. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 21:15, 14 maio 2009 (UTC)
 
== Mensaxe na Taberna ==
 
Ola Gallaecio. Espero que non o tomes a mal, supoño que non te decataches pero as mensaxes doutros usuarios non se poden modificar, por favor restitúe a miña mensaxe orixinal da Taberna para garantir a integridade da miña intervención e pon o texto a continuación. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 17:43, 16 maio 2009 (UTC)