Wiktionary:Taberna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 476:
 
Estiven vendo os argumentos de Raspiñeiro e Furagaitas, lin os textos, etc... e penso que todo isto é un malentendido, unha falla de confianza e actitude dialogábel. Penso que é lamentábel que isto siga así, así que pídovos aos dous unyha reconciliación ou canto menos un pacto de non agresión para seguir a traballar neste proxecto. --[[Usuario:Norrin strange|Norrin strange]] 08:55, 23 xuño 2009 (UTC)
 
== Galipedia e Galizionario ==
 
Esta mensaxe está relacionada coas publicada primeiramente por [[Usuario:Furagaitas|Furagaitas]] e a continuación por [[Usuario:Raspiñeiro|Raspiñeiro]] na Taberna da Galipedia. Aínda que a Galipedia e o Galizionario son wikis irmáns e forman parte dun proxecto común da Wikimedia en galego trátase de wikis independentes. Trasladar conflitos dun proxecto a outro é unha grave irresponsabilidade e un elemento distosionador do traballo cotiá do outro wiki, neste caso da Galipedia. Por desgraza xa teño experiencia abonda neste tipo de conflitos, polo xeral son prexudiciais para o wiki mesmo producen danos colaterais. Este wiki xa cumpriu cinco anos pero en realidade segue estando nunha fase embrionaria e iso é un lastre importante. Non temos que perder de vista que as nosas colaboracións aquí ou en calquera outro wiki Wikimedia teñen como obxectivo crear un proxecto que sexa útil e valioso para lectores e editores, estas liortas desvíannos dese obxectivo. Pregovos que evitedes no futuro trasladar á Galipedia o que aquí sucede, maxime nun período tan crítico para a lingua e a cultura galega como o que agora mesmo estamos vivindo. Grazas. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 12:21, 23 xuño 2009 (UTC)