Wiktionary:Taberna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Prevert (conversa | contribucións)
Prevert (conversa | contribucións)
Liña 481:
Esta mensaxe está relacionada coas publicada primeiramente por [[Usuario:Furagaitas|Furagaitas]] e a continuación por [[Usuario:Raspiñeiro|Raspiñeiro]] na Taberna da Galipedia. Aínda que a Galipedia e o Galizionario son wikis irmáns e forman parte dun proxecto común da Wikimedia en galego trátase de wikis independentes. Trasladar conflitos dun proxecto a outro é unha grave irresponsabilidade e un elemento distosionador do traballo cotiá do outro wiki, neste caso da Galipedia. Por desgraza xa teño experiencia abonda neste tipo de conflitos, polo xeral son prexudiciais para o wiki mesmo producen danos colaterais. Este wiki xa cumpriu cinco anos pero en realidade segue estando nunha fase embrionaria e iso é un lastre importante. Non temos que perder de vista que as nosas colaboracións aquí ou en calquera outro wiki Wikimedia teñen como obxectivo crear un proxecto que sexa útil e valioso para lectores e editores, estas liortas desvíannos dese obxectivo. Pregovos que evitedes no futuro trasladar á Galipedia o que aquí sucede, maxime nun período tan crítico para a lingua e a cultura galega como o que agora mesmo estamos vivindo. Grazas. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 12:21, 23 xuño 2009 (UTC)
:Non che falta razón. Desculpas pola parte que me toca, quizá a parte máis grande por ser o primeiro en acudir. Non obstante, quero recordar que certas decisións relevantes acerca do Galizionario (o mesmo nome do proxecto, por exemplo) foron tomadas na Galipedia. Ti mesmo apuntaches os progresos do Galizionario no taboleiro de actualidade da Galipedia. Comprendo as razóns que alegas, pero non deberiamos ser irmáns só para as cousas boas. '''[ [[User:Furagaitas|<font color="008000">Furagaitas</font>]] [[User talk:Furagaitas|<font color="FF0000">*</font>]] ]''' 12:35, 23 xuño 2009 (UTC)
::Non se trata de buscarlle xustificacións, estivo mal feito e na práctica dos wikis, non só dos wikis en galego, ese tipo de mensaxes non serve para nada máis que para xerar ruído e distosionardistorsionar o traballo doutros. Un cordial saúdo. --[[User:Prevert|Prevert]]<sup>[[User talk:Prevert|gl]]</sup> 12:42, 23 xuño 2009 (UTC)