á: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 31:
==== Locucións ====
 
* '''á branca.''' ({{sem|Anatomía}}) Cada un dos dous salientes triangulares ('''á b. esterna''' e '''á b. interna''') que se observan no solo do IV [[ventrículo]], e que corresponden aos núcleos ventriculares e do nervio [[hipogloso]], respectivamente. {{--}}'''Nome científico:''' ''ala alba''.
 
* '''á cinérea.''' ({{sem|Anatomía}}) Superficie triangular situada no solo do IV [[ventrículo]], formada polo núcleo sensitivo dos nervios [[glosofarínxeo]] e [[vago]]. Sinónimos: '''fóvea inferior, trígono do vago'''.
 
* '''á de mosca.''' ({{sem|Micoloxía}}) Fungo [[agarical]] da familia das boletáceas, ''Leccinium scabrum'', de [[sombreiro]], branco con semiesférico de 5 a 15 cm de diámetro e cor que pode ir da gris cincenta á parda avermellada, e [[pé]] groso, branco con pintas negras, que se atopa adoito baixo os bidueiros, e que é comestíbel, aínda que de non moi boa calidade.
 
* '''á do esfenoide.''' ({{sem|Anatomía}}) Cada unha das catro expansións laterais do óso [[esfenoide]]: dúas maiores (''alae magnae'') e dúas menores ([[apófise]]s de [[Ingrassia]]).
 
* '''á do ilíaco.''' ({{sem|Anatomía}}) Porción superior do óso [[ilíaco]] ou [[coxal]].
 
* '''á do sacro.''' ({{sem|Anatomía}}) Cada unha das dúas porcións largas e planas que se estenden cara a fóra desde a base do óso [[sacro]].
 
* '''á do vómer.''' ({{sem|Anatomía}}) Cada un dos bordos da canle existente na cara superior do [[vómer]].
 
* '''á espuria.''' ({{sem|Zooloxía}}) '''álula'''.