Conversa:abadexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[Conversa:abadexo|páxina de conversa do artigo]]
 
1. Segundo a ''normativa'' da lingua galega vixente, o nome deste peixe é ''abadexo'' (quizais por derivar do castelán ''abadejo''), e por iso figura aquí. Pero o galego é un idioma ''en construción'' e ás veces, as ''normas'' cambian (mesmo en linguas xa ''construídas'' desde hai séculos por veces tamén mudan algo). Por se iso volve suceder, hai que ter en conta que as formas maioritariamente empregadas polos mariñeiros galegos para referírense a este peixe son ''badexo'' e, en menor medida, ''badeixo'', mentres que ''abadexo'' e ''abadeixo'' teñen un uso moi restrinxido<sup>1</sup>. Talvez por iso, Rodríguez Solórzano et al.<sup>2</sup> danlle o nome de ''badexo'', mentres que Rodríguez Villanueva et al.<sup>3</sup> adoptan a forma ''badeixo''; pero ningún destes autores consideran ''abadexo''. Cómpre recordar que o nome portugués (que ten a mesma etimoloxía que o galego), é ''badejo''. Pra os nomes, sinónimos e variantes, é moi recomendábel ver o artigo '''abadexo'' na Galipedia.
 
Volver á páxina "abadexo".