Conversa:abadexo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 17:
 
5. Lahuerta Mouriño, Fernando, e Francisco X. Vázquez Álvarez (2000): ''Vocabulario multiligüe de organismos acuáticos''. Santiago: Xunta de Galicia, p. 92.</small>
 
:O que propós entendo que é engadir artigos non normativos ao Galicionario. Prefiro falarmos de termos «dos que existen referencias normativas» ─documentos lingüísticos que seguen a normativa e que contemplan termos que non están na normativa─ que de termos «utilizados», pois isto último pode resultar moi ambiguo. Respecto ás túas conclusións respecto da probabilidade de que o termo «badexo» se volva normativo un día, non o descarto. Pero nestes momentos no Galicionario traballamos coa normativa vixente. De ser eu o editor que se enfrontase aos termos «badexo» e «badeixo», e seguindo o sistema que estou a seguir nestes momentos, crearía a páxina e a ligaría directamente a «abadexo», para que as persoas que escoitasen eses outros termos e os buscasen no Galicionario fosen levadas ao termo axeitado segundo a normativa vixente. Isto todo é ''como o faría eu nestes momentos'', é dicir, como o estou facendo.
 
:Porén, o que propós non é unha idea absurda. Nin moito menos. Pero a estas alturas do avance do proxecto, si que a consideraría temperá. Temperá porque hai aínda moitísimo traballo pendente no proxecto que, na miña opinión, ten prioridade. Completar páxinas marcadas como tal ─temos moito verbo con conxugación pero sen definición, e viceversa─. Engadir vocabulario normativo galego ─falta moito, ás veces sorpréndome realmente coas carencias que temos de palabras que resultan tan fundamentais na lingua galega─. Todo isto é unha realidade a pesar da cal eu engado os termos que me petan, e se ves as miñas contribucións notarás que engado moito vocabulario en inglés, o cal non é unha prioridade para o Galicionario.
 
:Con todo este parrafeo onde quero chegar é a que o que suxires non é primordial para min, pero paréceme completamente factible. É dicir, estaría ─mellor dito, estou─ aberto a discutilo, se ben creo que aínda é moi cedo, xa non tanto para engadir este vocabulario ─como che digo, se seguise a orde lóxica de prioridades non engadiría vocabulario en inglés─ senón polo limitado número de editores. Porque aínda que cheguemos a un acordo sobre como actuar, somos poucos e por tanto pouca diversidade de opinións.
 
:Así que se cres que debemos establecer un novo criterio á hora de introducir formas non normativas, por min adiante. Abre un fío na [[Wiktionary:Taberna|taberna]] ─ao non ser este un tema específico deste artigo, polo que vexo, a taberna resulta máis axeitada─ ou envía un correo electrónico á rolda e discutámolo. Se isto vai ir adiante, hai moita discusión previa necesaria. Pero antes de discutir uns novos criterios á hora de engadir termos non normativos, probablemente deberiamos discutir e votar a necesidade ou non de engadir estes termos ao Galicionario ''a estas alturas'' do proxecto. ─ [[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]]<sup>[[Conversa_Usuario:Gallaecio|E logo?]]</sup> 19:12, 29 de outubro de 2010 (UTC)
Volver á páxina "abadexo".