Axuda:Libro de estilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 94:
 
Ao modelo pásanselle dous argumentos: a etimoloxía ─en caso de que se saiba, senón irá baleira─ e o código da lingua ─que deberá introducirse sempre─. Así, haberá dous casos distintos de uso deste modelo:
*Cando non se saiba a etimoloxía da palabra: {{[[Modelo:etim|etim]]|etimoloxía da palabra.|código da lingua}}. Véxase a modo de exemplo «{{gl|e mais}}».
*Cando non se saiba a etimoloxía da palabra: {{[[Modelo:etim|etim]]|etimoloxía da palabra.|código da lingua}}.
 
Os únicos casos en que se pode omitir a etimoloxía é no das locucións, que están formadas por dúas ou máis palabras que teñen cadansúas etimoloxías. Salvo que a locución en si mesma teña unha etimoloxía, o campo da etimoloxía estará nos artigos das respectivas palabras, aos que xa se liga mediante o [[#Flexión|campo da flexión]].
 
====Transcrición fonética====
A transcrición fonética das entradas escríbese empregando o modelo {{[[Modelo:pronuncia|pronuncia]]}}. Este modelo '''colócase sempre''', independentemente de que se coñeza ou non a transcrición fonética da palabra. Isto é porque o modelo permite situar unha entrada nunha categoría segundo leve ou non transcrición fonética.
 
Ao modelo pódenselle pasar tres argumentos: a transcrición fonética en si, o tipo de transcrición fonética ─non sendo necesario mentres se trate do {{gl|Alfabeto Fonético Internacional}}─ e mailo código da lingua da entrada. Así que poderán darse diversos casos:
*Cando non se coñeza a transcrición fonética da palabra: {{[[Modelo:pronuncia|pronuncia]]|||código da lingua}}. Véxase a modo de exemplo «{{gl|aberración cromosómica}}».
*Cando se coñeza e estea no {{gl|AFI}}: {{[[Modelo:pronuncia|pronuncia]]|/transcrición fonolóxica/||código da lingua}}.
*Cando se coñeza e non estea no {{gl|AFI}}: {{[[Modelo:pronuncia|pronuncia]]|transcrición fonolóxica|alfabeto fonético|código da lingua}}.
 
====Son====
os ficheiros de son correspondentes ás entradas lígase empregando o modelo {{[[Modelo:son|son]]}}. Este modelo '''colócase sempre''', independentemente de que exista ou non o ficheiro de son ligado. Isto é porque o modelo permite situar unha entrada nunha categoría segundo leve ou non un ficheiro de son. Isto permite ademais, seguindo un esquema fixo ao nomear os ficheiros, que dende os artigos se ligue a ficheiros que non existen no momento da edición do artigo, pero que estes ficheiros aparezan no artigo en canto alguén os suba ao servidor da [[commons:Portada en galego|Wikimedia Commons]].
 
Ao modelo pódenselle pasar catro argumentos: o nome do ficheiro de son, o texto co que amosalo ─o nome da páxina por omisión─, o código da lingua, e o lugar ao que se corresponde a pronuncia. Como o modelo pode detectar automaticamente se un ficheiro de son sinalado existe ou non, o modelo está preparado para seguir unhas regras de nomeamento dos ficheiros: <nowiki>código de lingua-{{PAGENAME}}.ogg</nowiki>. É dicir, independentemente de que o ficheiro de son dunha palabra en galego exista ou non, supoñendo que os usuarios carguen os ficheiros na Commons seguindo as regras seguidas ata o de agora, abondaría con fornecerlle ao modelo o código da lingua, «gl».
 
Así que poderán darse diversos casos:
*Cando non se saiba da existencia ou non dun ficheiro, ou se coñeza a súa existencia e este siga as regras mencionadas antes: {{[[Modelo:son|son]]|||código de lingua}}.
*Cando se sabe o nome do ficheiro e non segue as regras: {{[[Modelo:son|son]]|ficheiro de son||código da lingua}}. Véxase a modo de exemplo «{{gl|aberración de coma}}».
*Cando o ficheiro sexa dun país concreto e no nome do ficheiro o país vaia co seu código: {{[[Modelo:son|son]]||<nowiki>{{PAGENAME}}</nowiki> (Nome do país)|código da lingua|código do país}}.
*etc.
 
===Flexión===