Axuda:Libro de estilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Interwikis
Gallaecio (conversa | contribucións)
Liña 102:
Á hora de redactar a etimoloxía, utilízase o modelo {{[[Modelo:orixe|orixe]]}} para indicar de que lingua a que lingua pasa a etimoloxía. Este modelo substitúese polo nome da lingua orixe, e liga á categoría correspondente. A sintaxe a seguir sería a seguinte: {{[[Modelo:orixe|orixe]]|código da lingua de orixe|código da lingua de destino}}.
 
O termo na lingua orixe vai en letra cursiva, que se escribe <nowiki>''así''</nowiki> dentro do código. En caso de que a palabra de orixe sexa galega, escribirase entre comiñas latinas, é dicir, «así». En ambos casos as palabras deberán ligar ás súas respectivas entradas.
 
Nos casos en que o significado do termo derivado non coincida co do termo na lingua orixe, pódese engadir na etimoloxía o significado orixinal, se ben isto non resulta estritamente necesario pola natureza deste dicionario, xa que o termo orixe vai ligado, e no seu artigo irá incluído o significado na lingua orixe. De ter certo coñecemento da lingua orixe, sería recomendable non engadir o seu significado na etimoloxía e deixalo plasmado nun artigo de seu.