Contido eliminado Contido engadido
Xoio (conversa | contribucións)
Liña 257:
Estas a crear artigos de léxico moi especializado, polo que non quería deixar de recordarche que o Galizionario non é un lugar adecuado para facer propostas de léxico novo. Sería interesante que recolleses a fonte daquelas entradas máis difíciles de documentar, ben na páxina de conversa, ben na mesma entrada (por exemplo despois de cada definición). Nun futuro (espero que próximo) aquelas entradas que non estean contempladas no VOLGa ou en léxicos fiables, levarán unha mensaxe de advertencia.<br>
Algo máis: bótalle unha ollada á entrada ''[[Abraxas]]'', ten o mesmo contido que ''[[Abelia]]'', incluso a etimoloxía. Un cordial saúdo. '''[ [[User:Furagaitas|<font color="008000">Furagaitas</font>]] [[User talk:Furagaitas|<font color="FF0000">*</font>]] ]''' 17:38, 17 de decembro de 2010 (UTC)
: Ola Furagaitas. Xa sei que moitas das entradas que propoño son dun léxico bastante especializado. Pero considero que un '''bo''' dicionario de lingua debe inculír todas aquelas voces que deba manexar un usuario ''culto''.
: De feito, guíome, entre outros, polos dicionarios Petit Robert 1, Zingarelli, Webster's, ''Appelton's New Cuyá's Dictionary'', Porto Editora, Aurélio, Houaiss, o Langescheidt ''Español-Alemán; Alemán-Español'', o dicionario do ''Institut d'Estudis Catalans'', e mesmo polo ''Trésor de la langue française informatisé'' (que é, de todos os citados, o que inclúe menos tecnicismos; pero unhas etimoloxías ''cojonudas'').
: No VOLGa ''non veñen'' todas as posíbeis voces do galego. De feito, desde a súa primeira edición (non venal), que non tiven a fortuna de poder consultar para os meus traballos, ía medrando mes a mes (e sen avisaren). De fiarse do VOLGa (que xa sei que, para moitos, é a ''Biblia'' -non así para os seus coordinadores-), non poderían estar editados o Gran Xerais, o Gran Cumio, o ''de galego'' de Ir Indo, ou o dicionario ''Século21'', (Cumio ''bis''/Galaxia).
: De todos os xeitos podedes sinalar estas entradas, se vos parece, cunha marca de ''termo non recollido no VOLGa'' (ao que cumpriría engadir: ''polo de agora'').
: Moitas grazas polo aviso de ''Abraxas''. Vaia despiste que tiven. Foi debido, compo poderías comprender, a que "copiei" a entrada de ''Abelia'' (como fago case sempre, agora con máis coidado, para que non se note) para aforrar escribindo "modelos" e, neste caso, para ver como se poñía o do latín científico. Dadas as horas en que moitas veces traballo, despois de estar todo "perfecto" (na miña opinión) esquecéuseme "gardar", e quedou o "modelo". Son un fozón, e debería ter máis calma. Pero é que á miña idade penso que non vou dar chagado ao '''Z'''.