Contido eliminado Contido engadido
m Nova sección: →‎coxo, -a
Liña 279:
 
== coxo, -a ==
 
Boas Xoio, alégrome de verte de novo por aquí. Desculpa por non che contestar antes. A miña idea é que aproveitemos a existencia das dúas formas ''coxo'' e ''coxa'' para desenvolver nos dous artigos a acepción do adxectivo. En ''[[coxa]]'' ti creaches dúas entradas coa mesma etimoloxía e diferente pronuncia; despois eu creei unha nova (realmente era unha transclusión de parte do artigo ''[[coxo]]'') con igual pronuncia cá primeira pero diferente etimoloxía (unha procede directamente do latín ''coxa'', mentres a outra procede dun derivado intermedio desta, ''coxus''). Do mesmo xeito o dicionario en liña da RAE recolle dúas entradas baixo o lema ''[http://buscon.rae.es/draeI/SrvltConsulta?TIPO_BUS=3&LEMA=coja coja]''. Cal é o problema? '''[ [[User:Furagaitas|<font color="008000">Furagaitas</font>]] [[User talk:Furagaitas|<font color="FF0000">*</font>]] ]''' 13:04, 25 de xullo de 2011 (UTC)
 
:Sinto non compartir a túa opinión. Desde o meu punto de vista (chámame feminista, aínda que eu non me considero tal), a relación que hai entre ''coxo'' e ''coxa'' non é a mesma que pode haber entre ''coxo'' e ''coxos'', ou entre ''coxear'' e ''coxeei''. Penso que a única regra que establece a lingua con respecto á ''supremacía'' do masculino é no tocante á denominación de varios individuos (''coxos'' son homes e mulleres); o resto (lematizar só sobre o masculino) é un convencionalismo dos dicionaristas, que algúns (p.ex. o DRAE, modelo a seguir) veñen mudando actualmente. Está claro que para nós non resultaría cómodo crear artigos para todos os femininos para os que xa haxa a forma masculina (hai traballo abondo como para pararse con este miudallo), pero atráeme a idea de aproveitar a necesidade de certos artigos ''femininos'' ([[coxa]], [[caprina]],...) para recoller as restantes acepcións compartidas coa forma ''masculina'' (en concreto, e por aforrar traballo, mediante transclusión dun artigo no outro).
:Se non che gusta que a cabeceira de lema sexa ''coxa<sup>3</sup>'', pódese poñer ''coxo, coxa'' / ''coxo, -a'' / ''coxa, -o'' (ou como gustes).<br>
:Por último quería matizar algo que dixeches na túa última mensaxe: ''«(...) no Galizionario, estas entradas fanse en masculino(.)»'' Nos primeiros anos do Galizionario puideron ter un xeito distinto de traballar do que temos agora, o que non implica necesariamente que estivesen en contra de recoller femininos; e aínda que o estivesen, as normas non son inamovibles, xa que se fan por consenso dos usuarios. Desde que eu comecei a colaborar houbo moitos cambios na estrutura dos artigos, normalmente para solucionar novos ou vellos problemas.<br>
:Un cordial saúdo. '''[ [[User:Furagaitas|<font color="008000">Furagaitas</font>]] [[User talk:Furagaitas|<font color="FF0000">*</font>]] ]''' 16:01, 28 de xullo de 2011 (UTC)