Axuda:Libro de estilo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Gallaecio (conversa | contribucións)
Liña 164:
 
===Definicións===
 
====Semántica====
Antes de cada definición, pode indicarse entre parénteses a categoría ou categorías semánticas ás que pertence o concepto definido. Isto faise mediante o modelo {{[[Modelo:sem|sem]]}}. Utilízase coa seguinte sintaxe: {{[[Modelo:sem|sem]]|Categoría semántica|código de lingua}}. Véxase a modo de exemplo «{{gl|bestialidade}}».
 
====Exemplo====
Despois dunha definición, pode engadirse un exemplo de uso, unha construcción que reflicta como se emprega a palabra ou locución nun contexto real. Isto faise mediante o modelo {{[[Modelo:exemplo|exemplo]]}}. Utilízase xusto despois dunha definición, precedido dunha grella e un asterisco («#*{{[[Modelo:exemplo|exemplo]]|…}}»). No exemplo, o termo en cuestión, independentemente de que apareza flexionado, debe ir subliñado —entre as etiquetas <u> e </u> (como <u>este</u>)—. Véxase a modo de exemplo «{{gl|cabo}}».
 
Para as entradas nunha lingua distinta do galego, os exemplos estarán evidentemente na lingua en cuestión. Para estes casos, na liña inmediatamente posterior á do exemplo cómpre de ser posible engadir unha '''tradución''' do exemplo ao galego. Isto faise mediante o modelo {{[[Modelo:tradución|tradución]]}}. Utilízase xusto despois da liña do exemplo, precedido dunha grella e dous asteriscos («#**{{[[Modelo:tradución|tradución]]|…}}»). Na tradución, igual que no exemplo, a tradución do termo en cuestión, independentemente de que apareza flexionada, debe ir subliñada —entre as etiquetas <u> e </u> (como <u>este</u>)—. Véxase a modo de exemplo «{{gl|cap}}».
 
===Conxugación===