Contido eliminado Contido engadido
Liña 377:
0269..a ceacú..Cara atrás..movemento, reversión, inversión
 
-->
=== D ===
<!--
0625a..leria podre..Persoa que fala moito, a destempo e do que non debe ou sabe..fala, indiscreción, segredo, ignorancia
0625b..leria podre..Conto, rumor, rexouba xa moi repetida..reiteración, rumor, fala
0626..non estar (u.p.) para lerias..Non estar de humor..humor, seriedade
0627..andar (u.p.) de leva e trae..Rexoubar, informarse de asuntos alleos e andar a contalos aos máis..indiscreción, fala
0628..falar (u.p.) coma un libro aberto..Falar ben..adecuación, fala
0629..comer (u.p.) coma unha lima..comida, apetito, fame
0630..lima xorda..Persoas que fai as cousas con disimulo, pola calada..disimulo, engano, aparencia
0631..a lingua ten moi bo curral..(Díselle a quen conta algo que non debería, que non é certo, non é oportuno ou nos molesta)..silencio, indiscreción, mentira, inoportunidade, molestia
0632..botar (u.p.) a lingua a clareo/pacer/ao orballo..Contar o que se debe calar; falar de máis; falar por falar; falar sen substancia..fala, indiscreción, segredo, irreflexión
0633..cando falo bulo coa lingua..(Expresa que se está certo do que se di, equivale a "sei ben o que digo")..verdade, veracidade
0634..coméronche/lle a lingua os ratos/comeuche/lle a lingua o porco..(Dise a quen (ou de quen) fala moi pouco, sobre todos aos cativos)..fala, parquedade, silencio
0635..lingua de trapo..Persoa que fala de máis, que non garda segredos, falabarato..indiscreción, fala
0636..non che/lle quedou a lingua presa..(Dise de quen di o que pensa con claridade e sen medo)..valor, sinceridade, claridade-dirección
0637..ter (u.p.) a lingua coma unha víbora..(Dise de quen badúa ou esbardalla atacando a alguén)..malicia, crítica
0638..ter (u.p.) a lingua espodada..Dicir as cousas claras, sen rodeos e sen medo..valor, sinceridade
0639..ter (u.p.) a lingua grande..Falar de máis..indiscreción, segredo
0640..ter (u.p.) lingua de subela..(Dise de quen di cousas que feren ou de quen é marmurador/a)..indiscreción, segredo, malicia, dor
0641..ter (u.p.) unha lingua que fura as paredes..(Dise de quen fala moito (ou critica moito))..crítica, fala, cantidade-moito
0642..tirarlle (u.p.) pola lingua (a alguén)..Tratar de facer (alguén) falar de algo que non quere), incitar (alguén) a contar algo (máis dun xeito disimulado)..convencemento, disimulo, fala, ocultación
0643..ver (u.p.) o lixo no ollo alleo e non ver a tranca no seu..Ver os pequenos defectos nos máis e non darse conta dos grandes defectos propios..crítica, comparación, incorrección
0644..casan os lobos..(Dise cando sae o sol e chove ao mesmo tempo). F. sin.: casa a filla do gobernador..clima-chuvia-sol
0645..comer (u.p.) coma un lobo..Comer moito..comida, fame, apetito
0646..(seica) viches o lobo..(Díselle a quen vai cos pelos de punta)..corpo-pelo, aspecto
0647a..aos los..Cun movemento dun lado a outro, en zigzag..movemento, orientación
0647b..aos los..Caendo para os lados (por estar borracho/a)..movemento, borracheira
0648..andar (u.p.) coa lúa / andar (u.p.) de lúa..Estar de mal humor, incomodado/a; estar alterado/a, ter unha manía..manía, enfado, alteración, molestia, humor, seriedade
0649..estar (u.p.) na lúa..Estar distraído/a, despistado/a, non decatarse do que ocorre..atención, distracción, despiste, ignorancia
0650..ímola virando que fai boa lúa..(Dise como contestación cando nos preguntan polo noso estado)..saúdo
0651..¡zúa que hai boa lúa!..(Dise para que alguén se dea présa en algo)..apuro, présa
0652..¡Santa Lucía che conserve a vista!..(Dise a quen ve algo que non se é capaz de ver)..capacidade, habilidade-non, vista
0653..a lume de biqueira/carozo..De présa, con rapidez..apuro, présa
0654..atizar (u.p.) o lume para as súas saridñas..Buscar o interese propio..comenencia
0655..parece que lle pegou lume á auga..(Dise de que é pouco aseado)..aspecto
0656..parecer que vai (u.p.) apagar lume..Ir moi rápido/a, ir ás carreiras..movemento, camiño, apuro, velocidade
0657..(estar/andar u.p.) que bota lume polos ollos / que pega lume..(Estar) moi enfadado/a, furioso/a..enfado, ira
0658..quente coma o lume..Moi quente..temperatura
0659..(ser u.p.) (tacaña coma) unha lura..(Ser) moi tacaño/a..avaricia
0660..parecer (u.p.) o macaco dos mistos..(Úsase referido a persoas con afán de protagonismo)..personalidade, incorrección
0661..bruto/a coma un machado..Moi bruto/a..brutalidade
0662a..feito/a a machado..Moi mal feito/a..mediocridade
0663b..feito/a a machado..Moi feo/a..fealdade
0664..¡madia levas / leva... / levaches! / ¡madia tes / ten... / tiveches!
0665..longo/a coma un maio longo..Moi longo/a (persoas)..altura-estatura
0666..ter (u.p.) o maio pegado ao cu..(Dise dunha persoa a quen lle custa erguerse da cama)..cama, sono, cansazo, preguiza
0667..tras o maio vén San Xoán..(Dise cando se está a pasar un momento apurado máis espérase que as cousas melloren)..recuperación, apuro2, sufrimento
0668..perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe..(Dise cando comemos ou bebemos algo que nos gusta moito inda que saibamos que non nos fai ben)..comida, bebida, apetito, sede, gusto, compensación-contraprestación
0669..de rebimba o mallo..Retorcido/a, mao/má, teimoso/a..testarudez, mediocridade, retorcemento
0670..botar (u.p.) a man na silveira coa man allea..Sementar discordia, encirrar os que discuten, provocar (alguén)..malicia, provocación, discordia
-->