Contido eliminado Contido engadido
Gallaecio (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Calq (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎Axuda
Liña 126:
 
Cámbiao, non te cortes. Esa e outras entradas que fixen por aquel entón están baseadas nun dicionario castelán-galego de Xerais, cuxos autores non parecían facer distinción entre “sinónimo” e “termo relacionado” (o que non quita que o dicionario, que non teño agora a man, resultaba moi útil), e eu non me tomaba o tempo de comparar as definicións do DRAG coas do DRAE nin sequera cos termos que eu non coñecía. Un saúdo. — [[Usuario:Gallaecio|Gallaecio]]<sup>[[Conversa_Usuario:Gallaecio|E logo?]]</sup> 06:23, 9 de maio de 2012 (UTC)
 
== Axuda ==
 
Boas Lameiro.
 
Confésoche que creo que nunca lin libro de estilo ningún, así que a mal sitio vés preguntar... Bótalle un ollo de como están feitas outras entradas, como fixen eu.
 
*Con respecto á categoría de ictioloxía, pois faremos como a de ornitoloxía.
*No da etimoloxía, pois podes crear a propia entrada en latín, ou explicalo ben na propia sección etimolóxica.
*E o das traducións, pois tampouco o teño eu moi claro, mais se é unha palabra cunha única definición podemos facer unha lista, como en {{gl|clementina}}, e se ten varias definicións, pois a min me gusta facer cadriños, como en {{gl|abkhazo}}. E bueno, nas traducións empréganse códigos de lingua que están en [[modelo:nomelingua]], por se tiveras que engadir ou mudar algún.
 
Sinto non serche de moita axuda, pero éche o que hai, se fedellas e observas verás como vai a cousa, e creo que se entende. Saúdos.--[[Usuario:Calq|Calq]] ([[Conversa usuario:Calq|conversa]]) 20 de marzo de 2015 ás 00:24 (UTC)