Diferenzas entre revisións de «Conversa usuario:Calq»

(Nova sección: →‎Modelo:Wiktionary)
:: O das palabras con maiúscula xa está resolto. Pedro --[[Usuario:Lameiro|Lameiro]] ([[Conversa usuario:Lameiro|conversa]]) 19 de marzo de 2015 ás 23:59 (UTC)
:::Son editor habitual da Galipedia e alí xa teño collido o tranquillo (relaticamente), pero tamén editor esporádico do Galizionario. Tan esporádico que cada vez que o reintento me atopo que todo cambiou o que, simplemente, xa non lembro como se fan as cousas. Por iso, como vin que ti eras o -case- único usuario que traballa no Galizionario, por iso che fixen esas preguntas. E máis que irei facendo segundo vaia atopando problemas ó ir creando ou vendo entradas xa existentes. Así que paciencia, please. Sorpréndeme a Taberna estea formada por conversas en inglés desde hai un ano: ¿non estabamos no '''Galizi'''onario? Bueno, falamos. Pedro --[[Usuario:Lameiro|Lameiro]] ([[Conversa usuario:Lameiro|conversa]]) 20 de marzo de 2015 ás 18:59 (UTC)
 
== Modelo:Wiktionary ==
 
Ola, Calq! Como vai?
 
Escríboche porque te manexas ben polo Wikcionario galego, e quería facerche unha consulta/suxestión: na Wikipedia estou a fedellar nos artigos sobre topónimos, e nalgúns estou a colocar o modelo que liga aquí (por exemplo, en [[:w:Bouza]]). Con todo, estou a colocalo tamén en artigos aínda que non exista a correspondente entrada no Wikcionario, como en [[:w:Agra]] ou [[:w:Lesta]]. A idea é facer correspondencias entre ambos os dous proxectos, para que a xente entre nun desde o outro con maior frecuencia.
 
Ocorréuseme que quizais podo ir poñendo na miña páxina de usuario do Wikcionario as "páxinas solicitadas", para non ser pesado e andar a romperche a cabeza cada vez que ligue aquí. Como o ves?
 
Graciñas polo choio con este proxecto! Un saúdo!! --[[Usuario:Estevoaei|Estevoaei]] ([[Conversa usuario:Estevoaei|conversa]]) 21 de marzo de 2015 ás 10:07 (UTC)
112

edicións