atún listado: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Calq (conversa | contribucións)
Nova páxina: {{-glref-}} miniatura|Atún listado {{etim|composto de {{gl|atún}} e {{gl|listado}}|gl}} {{pronuncia||gl}} {{son|||gl}} {{-locsm-|gl}} '''{{PAGE...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 3 de abril de 2015 ás 15:31

Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «atún listado».
 
Atún listado

  Locución substantiva masculina

atún listado (sg: atún listado; pl: atúns listados)

  1. (Ictioloxía, alimentación) Peixe mariño do grupo dos túnidos, familia escómbridos. Alcanza tamaños máximos de 1 metro (aínda que o normal son valores de 40-50 cm) e pesos de 5-10 kg (con máximos de 19 kg). Recoñécese pola presenza de 4-7 bandas lonxitudinais escuras a ambos os dous lados da rexión ventral, por baixo da liña lateral. A cor do lombo é azul escuro con irisacións púrpuras, aclarando segundo descende cara o ventre, que ten cor prateada. As aletas dorsais están lixeiramente separadas. A aleta pectoral é moi curta.

Sinónimos

Traducións