Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
Sobreira (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 250:
[[Usuario:Sobreira/nav|nav]] |
[[Usuario:Sobreira/nav2|nav2]] |
[[Usuario:Sobreira/italiano|italiano]] |
[[Usuario:Sobreira/GReLO|GReLO]]
 
= Rascuño de Wikiproxecto =
[[image:couve-galega.JPG|thumb|right|150px|Idea para o logotipo do proxecto]] Teño o pracer, a responsabilidade, o medo e mesmo a ousadía de propoñer un wikiproxecto do Galizionario chamado ''GReLO'', que responde ás iniciais de "Grupo de R... e L... O... ". ''[[:en:Res ipsa loquitur|Res ipsa loquitur]]'', dicían os latinos: "as cousas falan por si mesmas", neste caso as palabras. Preténdese que o [[Wiktionary:Páxina principal|Galizionario]] (como fonte de información nunca p... senón s... ) permita ós investigadores a consulta de léxico segundo ...
 
O nome parece pouco serio, pero espero que supoña un adianto nalgúns aspectos. Só tirarei da corda un pouco máis: cada artigo se chamaría ''ENGrUDO'', que significa Elemento N... polo Grupo de Unificación de D... e de Onomasioloxía. Eu de momento rematarei a broma aquí (hai que ter sempre bo humor), non vaia ser que non se me tome en serio.
 
En realidade isto xa vén pensado dende hai case dous meses, pero durante todo este tempo estiven facendo o traballo suxo para que quen quixese traballar non tivese que pasar un choio que esixe algunhas doses de resistencia paciente, informática recompilación bibliográfica.
 
A oferta de lanzamento, como xa dixen, xa está preparada. Comezaremos no terreo da O... , e número de entradas que xa están preparadas para subirse calculo (aínda non xuntei todos) que é aproximadamente (e casualmente) 6666 artigos. Grazas á informatización, estes ENGruDOs están relacionadas entre eles e sempre referidos científicamente á súa denominación z... bin... Non sei moito en concreto de bots, pero teño a idea de que a subida de tantos ENGruDOs pode automatizarse.
 
Se tedes a mesma ilusión ca min nesta nova idea ou se levades un bot e sabedes como automatizar subidas de entradas, agradecería moito un comentario na miña [[User talk:Sobreira|páxina de
discusión]].
 
==Outras iniciativas==
Liña 281 ⟶ 270:
* Mes da [[:modelo:-audio-|fonética]] e [[:modelo:-pronuncia-|fonoloxía]]
* Mes da [[:modelo:etim|etimoloxía]]
 
=== C ===
<!--
0147//non botes o cabalo ao monte//(Expresión coa que se indica que nunca se pode dicir que non se fará unha determinada cousa)//negación, fala
0148//cabeza de aire / cabeza no aire//Persoa de pouco siso, persoa que se distrae facilmente//distracción, parveza
0149//levantar (u.p.) cabeza//Refacerse, recuperarse, saír dunha má situación (económica, de saúde, etc.)//recuperación
0150//moerlle (u.p.) a cabeza (a alguén)//Molestar (alguén con peticións insistentes)//insistencia
0151//perder (u.p) a cabeza//Actuar sen reflexión, turbarse (a alguén) a razón ou o xuízo//irreflexión, parveza
0152//sacar (u.p.) da cabeza algo máis ca piollos//Esforzarse máis (referido á actividade intelectual ou aos estudios)//pensamento, intelecto, intelixencia, esforzo
0153a//subirlle (u.c.) á cabeza (a alguén)//Emborrachar (unha bebida alcólica alguén)//Borracheira
0153b//subirlle (u.c.) á cabeza (a alguén)//Causar vaidade (u.c. a alguén)
0154//ao cabo e á conta//En resumo; ao final (normalmente en sentido negativo)//final, fin, resumo
0155//dar (u.p.) cabo de (alguén/algo)//Acabar con (alguén/algo)//final, fin, matar
0156//estar (u.p.) no cabo do conto//Coñecer o asunto//coñecemento
0157//cabra tola//Toleirón/ona, persoa de pouco siso//parveza
0158//estar (u.p.) coma unha cabra sen solta//Non ter educación, ser maleducado//educación, cortesía, formalidade, comportamento, relacións sociais, trato social
0159//nunca unha cabra tivo un cabrito//(Dise dos que fan demasiado alarde do que teñen, (normalmente novos ricos))//economía, riqueza, fachenda, soberbia, arrogancia
0160//bruto/a coma un cachalote//Moi bruto/a//bruteza
0161//cacho de pan//V. anaco/cacho/pedazo de pan
0162//ser un cacho de día//Ser pouco despois de abrir o día; de mañanciña.//día, mañá (parte do día)
0163//(andar u.p.) de cacho para cabazo / (andar u.p.) do cacho para a cazoleta//(Andar) dun sitio para outro sen parar//inquietude, movemento
0164//moreno/a coma un cacho//Moi moreno/a//pel, cor
0165//cada e cando//Cada pouco tempo, a miúdo//frecuencia
0166//non ter (u.p.) unha cadela para facer bailar un cego//V. non ter (u.p.) para mandar tocar un cego
0167//se cadra//Probablemente//posibilidade, probabilidade
0168//cagallóns que se encamban/envolven//Cousa(s) doada(s) de facer (pola duración ou pola dificultade)//facilidade
0169//máis raro/a ca cagar para arriba//Moi raro/a//Rareza
0170//(chover) a caldeiros / aos caldeirados//(Chover) moi forte, con intensidade//choiva, meteoroloxía
0171//acedo/a coma o caldo//Moi acedo/a//sabor
0172//ao que non quere caldo, sete cuncas//(Aplícase a cando alguén que non quere facer algo se ve obrigado a facelo agravado ou en maior medida)//obriga
0173//cheo/a de caldo á merenda//Farto/a de que se aproveite(n)//cansazo, fartura(non), fartanza(non), comenencia
0174//férvelle-o-caldo//Persoa apresurada//inquietude, inquedanza, présa
0175//lavado/a coma o caldo do venres//Desvergoñado/a//senvergoña, caradura
0176//pór (u.p.) a caldo (alguén)//Reprender, criticar con acritude (alguén)//bronca, enfado, crítica
0177//se callar//Ao mellor//posibilidade, probabilidade
0178//(chover) a callón//(Chover) en cantidade//choiva, meteoroloxía
0179//mandar (u.c.) calor//Dar gusto, ser agradable, producir pracer//pracer, gusto, comodidade, bonanza
0180//caga-nas-calzas//Persoa medosa//medo
0181//retorcido/torto/a coma as cambas do carro//Revirado/a, mao/má, teimoso/a//cambadura, retorcemento, precario, testarudez, mediocre
0182//máis vello/a cós camiños//Moi vello/a//idade, vellez, vellice
0183//traer (u.p.) a camiño (alguén)//Convencer (alguén), conseguir que (alguén) faga a súa vontade//vontade, convencemento, razoamento, corrección
0184//darlle a camisa para a lavadura (a alguén)//Non obeter beneficio (en algo), ser o gasto parecido ao beneficio, compensar unha cousa con outra//compensación, economía, gratuidade
 
0220..levar (u.p.) as canizas cheas..Ir farto/a de comida e bebida..fartura, comida
0221..duro/a coma un canoto..Moi duro/a; moi resistente..dureza, resistencia
0222..habendo canotas logo se fan rachóns / de onde hai canotos fanse cavacas..(Expresa que habendo dunha determinada cousa, o demais é cuestión de traballo)..esforzo, suficiencia, compensación, traballo
0223..quedar (u.p.) no canto da saúde..Quedar satisfeito/a, sen problema ningún..despreocupación, satisfacción
0224..facerlle (u.p.) a capa (a alguén)..Buscar o xeito de agradar (a alguén para tirar proveito)..proveito, aproveitamento, agrado, vaidade, adulación
0225..botarlle (u.p.) na cara (algo a alguén)..Reprochar (algo a alguén)..reproche, fala, enfado
0226..cara de can..Expresión de desgusto, hostilidade ou reprobación..enfado, desgusto, reprobación, odio, inimizade, expresión
0227..cara de ferreiro..Expresión pouco amigable; cara de enfado..enfado, expresión, inimizade
0228..cara de raído/a..Expresión de sorna..expresión, sorna
0229..cara lavada..Persoa atrevida e desvergoñada..atrevemento, desvergoña, soberbia
0230..entrar (u.p.) de cara e saír de cu..(Dise cando hai moita xente nun sitio e non se cabe)..totalidade, plenitude
0231..tórnalle a cara do cu..(Dise de alguén (xeralmente unha muller) que é moi feo)..fealdade
0232..levar (u.p.) un carallo coma un brazo..Sufrir unha decepción, saír (u.c. a alguén) ao revés do que pensaba..decepción, frustración
0233..¡manda carallo (na Habana)!..(Expresión de sorpresa ou asombro)..sorpresa, asombro
0234..guapo/a coma un caravel..Moi guapo/a..beleza
0235..apertarlle (u.p.) as caravillas (a alguén)..Pórse severo/a (con alguén), presionar (alguén para obter algo del)..presión, severidade, enfado,
 
0236..forte coma un carballo..Moi forte..fortaleza, forza
0237..negro/a coma un carbón..Moi negro/a..cor, negro
0238..mao/má coma a carne do pescozo..Moi mao/má..mediocridade
0239..xa que (me/che...) comeu a carne que (me/che...) rille os ósos..(Expresa que quen se aproveitou doutra persoa en bos tempos debe axudala nos maos. Aplícase, sobre todo, ao pai, a nai, etc., cando son vellos)..compensación, trato social, axuda
0240..deste(s) carneiro(s) non se rapa outra la..(Expresa que algo ou alguén non vai dar máis beneficio)..beneficio, proveito, suficiencia
0241..(ir un frío) que treme a carqueixa..(Ir) moito frío..frío, clima, temperatura
0242a..a carranchapernas..Coas pernas separadas, unha de cada lado (do asento, da montura)..postura, asentamento, cadeira
0242b..a carranchapernas..Escarranchado/a sobre os ombreiros (de alguén)..postura, ombreiro
0243..ao carrancholo..Escarranchado/a sobre os ombreiros (de alguén)..postura, ombreiro
0244..ten (u.p.) un carrasco entre as pernas..(Dise de quen anda moi escarranchado)..camiño, paseo, bipedestación, postura
0245..a carreiriña dun can..Unha distancia curta..distancia, proximidade
0246..ás carreiras / á carreira..Correndo, de présa..présa, apuro
0247..nunha carreira..En pouco tempo, en seguida..tempo, proximidade
0248..alegre coma unha carricanta..Moi alegre..ledicia, alegría
0249..¡chufa, carrizo (que vén o verán)!..(Díselle a quen se gaba moito)..vaidade, soberbia
0250..botar (u.p.) o carro diante dos bois..Facer unha acción antes ca outra que por lóxica debería facerse primeiro..prematuridade, présa, incompatibilidade, insuficiencia, causalidade
0251..cargar (u.p.) o carro..Emborracharse..bebida, alcol
0252..coma se cantara un carro..(Expresión de indiferencia)..indiferencia
0253..non vai no meu carro á misa..(Dío unha persoa de alguén para expresar que non lle resulta simpático ou non é de fiar)..confianza, simpatía, inimizade, odio, antipatía
0254..¡pára/parade o carro!..(Utilízao unha persoa para dicir a alguén que deixe de facer algo que non lle gusta..espera, molestia, final
0255..pórse (u.p.) ao carro..Pórse a traballar..traballo, comezo, inicio
0256..tal é o carro coma os estadullos/fumeiros..(Expresa que dúas persoas son iguais, do mesmo estilo, normalmente en sentido negativo)..semellanza
0257..untarlle (u.p.) a carro (a alguén)..Subornar (alguén)..economía, soborno, merca
0258..pórselle (u.c.) no carrolo (a alguén)..Non ter gana de facer (algo), dar (a alguén) moita preguiza pórse a facer (algo)..preguiza, gana, desinterese
0259..nas carrouchas..Moi lonxe..distancia, afastamento
0260..lerlle (u.p.) a cartilla (a alguén)..Reprender ou criticar (alguén), berrar (a alguén)..crítica, enfado, reprensión
0261..(xa que) arde a casa, quentarse aos cangos..(Expresa a vontade de aproveitar ou beneficiarse dunha situación (ás veces, pouco vantaxosa ou negativa). É frecuente dicilo cando se fai un gasto grande, por exemplo algunha festa, para expresar que hai que aproveitar a ocasión). V. (xa que) arden os cangos, quentarse a eles..aproveitamento, proveito, beneficio, ocasión, gasto
0262..ter (u.p.) casas na Coruña..Presumir, gabarse do que non ten..presunción, arrogancia, pretensión, aparencia
0263..varrer (u.p.) para a casa..Actuar buscando o beneficio propio..comenencia, beneficio
0264..¡sorbe, Casilda, que é caldo de voda!..(Díselle a quen está a comer con moita ansia)..comida, gana, ansia, ímpeto
0265..vir (u.c.) ao caso..Ter relación co que se está a falar, ser oportuno/a..congruencia, relación, narración, fala
0266..castaña da terra..Pataca..comida
0267..estralarlle unha castaña nos dentes (a alguén)..Levar unha decepción, unha desilusión..decepción, desilusión, frustración
0268..díxolle o cazo á cazola: achégate alá que me luxas..V. díxolle o pote á caldeira; achégate alá non me lixes
0269..a ceacú..Cara atrás..movemento, reversión, inversión
 
-->
=== D ===
<!--
0625a..leria podre..Persoa que fala moito, a destempo e do que non debe ou sabe..fala, indiscreción, segredo, ignorancia
0625b..leria podre..Conto, rumor, rexouba xa moi repetida..reiteración, rumor, fala
0626..non estar (u.p.) para lerias..Non estar de humor..humor, seriedade
0627..andar (u.p.) de leva e trae..Rexoubar, informarse de asuntos alleos e andar a contalos aos máis..indiscreción, fala
0628..falar (u.p.) coma un libro aberto..Falar ben..adecuación, fala
0629..comer (u.p.) coma unha lima..comida, apetito, fame
0630..lima xorda..Persoas que fai as cousas con disimulo, pola calada..disimulo, engano, aparencia
0631..a lingua ten moi bo curral..(Díselle a quen conta algo que non debería, que non é certo, non é oportuno ou nos molesta)..silencio, indiscreción, mentira, inoportunidade, molestia
0632..botar (u.p.) a lingua a clareo/pacer/ao orballo..Contar o que se debe calar; falar de máis; falar por falar; falar sen substancia..fala, indiscreción, segredo, irreflexión
0633..cando falo bulo coa lingua..(Expresa que se está certo do que se di, equivale a "sei ben o que digo")..verdade, veracidade
0634..coméronche/lle a lingua os ratos/comeuche/lle a lingua o porco..(Dise a quen (ou de quen) fala moi pouco, sobre todos aos cativos)..fala, parquedade, silencio
0635..lingua de trapo..Persoa que fala de máis, que non garda segredos, falabarato..indiscreción, fala
0636..non che/lle quedou a lingua presa..(Dise de quen di o que pensa con claridade e sen medo)..valor, sinceridade, claridade-dirección
0637..ter (u.p.) a lingua coma unha víbora..(Dise de quen badúa ou esbardalla atacando a alguén)..malicia, crítica
0638..ter (u.p.) a lingua espodada..Dicir as cousas claras, sen rodeos e sen medo..valor, sinceridade
0639..ter (u.p.) a lingua grande..Falar de máis..indiscreción, segredo
0640..ter (u.p.) lingua de subela..(Dise de quen di cousas que feren ou de quen é marmurador/a)..indiscreción, segredo, malicia, dor
0641..ter (u.p.) unha lingua que fura as paredes..(Dise de quen fala moito (ou critica moito))..crítica, fala, cantidade-moito
0642..tirarlle (u.p.) pola lingua (a alguén)..Tratar de facer (alguén) falar de algo que non quere), incitar (alguén) a contar algo (máis dun xeito disimulado)..convencemento, disimulo, fala, ocultación
0643..ver (u.p.) o lixo no ollo alleo e non ver a tranca no seu..Ver os pequenos defectos nos máis e non darse conta dos grandes defectos propios..crítica, comparación, incorrección
0644..casan os lobos..(Dise cando sae o sol e chove ao mesmo tempo). F. sin.: casa a filla do gobernador..clima-chuvia-sol
0645..comer (u.p.) coma un lobo..Comer moito..comida, fame, apetito
0646..(seica) viches o lobo..(Díselle a quen vai cos pelos de punta)..corpo-pelo, aspecto
0647a..aos los..Cun movemento dun lado a outro, en zigzag..movemento, orientación
0647b..aos los..Caendo para os lados (por estar borracho/a)..movemento, borracheira
0648..andar (u.p.) coa lúa / andar (u.p.) de lúa..Estar de mal humor, incomodado/a; estar alterado/a, ter unha manía..manía, enfado, alteración, molestia, humor, seriedade
0649..estar (u.p.) na lúa..Estar distraído/a, despistado/a, non decatarse do que ocorre..atención, distracción, despiste, ignorancia
0650..ímola virando que fai boa lúa..(Dise como contestación cando nos preguntan polo noso estado)..saúdo
0651..¡zúa que hai boa lúa!..(Dise para que alguén se dea présa en algo)..apuro, présa
0652..¡Santa Lucía che conserve a vista!..(Dise a quen ve algo que non se é capaz de ver)..capacidade, habilidade-non, vista
0653..a lume de biqueira/carozo..De présa, con rapidez..apuro, présa
0654..atizar (u.p.) o lume para as súas saridñas..Buscar o interese propio..comenencia
0655..parece que lle pegou lume á auga..(Dise de que é pouco aseado)..aspecto
0656..parecer que vai (u.p.) apagar lume..Ir moi rápido/a, ir ás carreiras..movemento, camiño, apuro, velocidade
0657..(estar/andar u.p.) que bota lume polos ollos / que pega lume..(Estar) moi enfadado/a, furioso/a..enfado, ira
0658..quente coma o lume..Moi quente..temperatura
0659..(ser u.p.) (tacaña coma) unha lura..(Ser) moi tacaño/a..avaricia
0660..parecer (u.p.) o macaco dos mistos..(Úsase referido a persoas con afán de protagonismo)..personalidade, incorrección
0661..bruto/a coma un machado..Moi bruto/a..brutalidade
0662a..feito/a a machado..Moi mal feito/a..mediocridade
0663b..feito/a a machado..Moi feo/a..fealdade
0664..¡madia levas / leva... / levaches! / ¡madia tes / ten... / tiveches!
0665..longo/a coma un maio longo..Moi longo/a (persoas)..altura-estatura
0666..ter (u.p.) o maio pegado ao cu..(Dise dunha persoa a quen lle custa erguerse da cama)..cama, sono, cansazo, preguiza
0667..tras o maio vén San Xoán..(Dise cando se está a pasar un momento apurado máis espérase que as cousas melloren)..recuperación, apuro2, sufrimento
0668..perdóolle o mal que me fai polo ben que me sabe..(Dise cando comemos ou bebemos algo que nos gusta moito inda que saibamos que non nos fai ben)..comida, bebida, apetito, sede, gusto, compensación-contraprestación
0669..de rebimba o mallo..Retorcido/a, mao/má, teimoso/a..testarudez, mediocridade, retorcemento
0670..botar (u.p.) a man na silveira coa man allea..Sementar discordia, encirrar os que discuten, provocar (alguén)..malicia, provocación, discordia
-->
=== E ===
<!--
0671a..botar (u.p.) man de (algo/alguén)..Coidar, ocuparse de (alguén, algo)..coidado, atención, precaución
0671b..botar (u.p.) man de (algo/alguén)..Recorrer a (algo/alguén)..axuda
0672..botarlle (u.p.) unha man (a alguén)..Axudar ((a) alguén)..axuda
0673..chegar (u.p.) ás mans..Pelexar (dúas ou varias persoas)..trato social-pelexa
0674..cunha man chea de nada e outra de cousa ningunha..Sen nada..ausencia-falta
0675..(facer u.p. algo) cunha man detrás do cu..(Facer algo) con moita facilidade..facilidade
0676..cunha man diante e outra detrás..Sen diñeiro, sen posesión, sen recursos..ausencia, economía, pobreza
0677..deixar (u.p.) de man (algo/alguén)..Abandonar (algo/alguén), interromper (algo), despreocuparse (de algo/alguén)..despreocupación-abandono-deixadez, interrupción
0678..¡en boas mans metín o meu pandeiro!..(Expresa que un asunto está en mans de persoa non preparada ou non válida)..adecuación-responsabilidade, delegación, traballo
0679..estar (u.p.) nas mans da xente..Estar (unha muller) a punto de dar a luz..parto, físico
0680..írselle a man (a alguén)..Excederse (en algo)..exceso, límite, pelexa
0681..man aberta..Persoa desprendida, xenerosa..personalidade-xenerosidade
0682..non lle parar a man no bolso (a alguén)..Ser moi gastador/a..gasto, economía
0683..non ter (u.p.) mans a medir..Non dar abasto (para facer algo)..inadecuación-insuficiencia, desigualdade-exceso
0684..ter (u.p.) a man (mol) agarrada..Ser tacaño/a..avaricia
0685..ter (u.p.) a man (moi) levantada/lixeira/aberta..Ser persoa que en seguida lle bate a outra, que sempre está disposta a pegar..violencia
0686..ter (u.p.) a qué botar man..Ter que comer..comida, posibilidade
0687..ter (u.p.) boas mans..Ser mañoso/a, ter xeito (facendo algún labor manual)..personalidade, habilidade-capacidade
0688..ter (u.p.) de man (alguén)..Ter propicio/a (alguén), ter favorable (alguén), poder recorrer (a alguén)..opinión, favor, posibilidade, axuda
0689a..ter (u.p.) man (de algo/alguén)..Soster (algo), aguantar ((en/de) algo)..postura, mantemento, agarre
0689b..ter (u.p.) man (de algo/alguén)..Coidar, ter conta (de algo/alguén)..coidado, precaución-preocupación, atención
0690..ter (u.p.) mans de araña..Ser persoa á que lle caen as cousas con facilidade..mantemento, postura, torpeza
0691..un agarra e outro ten man..(Dise de dúas ou máis persoas que están a traballar e en realidade non fan nada)..preguiza, aparencia
-->
=== F ===
<!--
0692..vai na man se o levan..(Expresa que cando se está a facer un traballa con gana, apúrase e axiña se remata)..présa, gana, traballo
0693..darlle (u.p.) cos cinco mandamentos (a alguén)..Dar (a alguén) unha labazada..violencia
0694..mandar (u.p.) a pasear (alguén)..Despedir (alguén) con maos modos..humor, saúdo-despedida, molestia
0695..(traballar u.p.) a manga despregada..(Traballar) Con moita enerxía e arreo..gana, traballo
 
0696a..(aínda) gastar (u.p.) unhas mangas novas/(aínda) romper (u.p.) unhas mangas..Estar (aínda) rufo/a, ben conservado/a (unha persoa maior)..idade-vellez, saúde
0696b..(aínda) gastar (u.p.) unhas mangas novas/(aínda) romper (u.p.) unhas mangas..Ser (aínda) apetecible sexualmente (unha persoa de certa idade)..vellez, sexo
0697..darlle (u.p.) unha manta de leña (a alguén)..Bater (a alguén), golpear (alguén)..violencia
0698..manta de la..Persoa moi dócil..personalidade-docilidade
0699a..quentarlle (u.p.) a manta (a alguén)..Bater (a alguén)..violencia
0699a..quentarlle (u.p.) a manta (a alguén)..Alporizar (alguén)..humor, molestia, incitación
0700..raído/a coma unha manta sen pelo..Desvergoñado/a..vergoña-desfachatez
0701..toda a manta é pelo..(Dise de varias persoas ou cousas que son iguais (en sentido despectivo))..semellanza-similaridade, crítica
0702..de manteiga..Mol; pouco forte, débil..debilidade, físico-brandura
0703..non lle pasa nin ao que asou a manteiga..(Dise cando se fixo traballo inútil ou sen rendemento)..traballo, gratuidade, resultado
0704..a mantido..Con dereito ás comidas (traballando para alguén)..comida, traballo, pago, economía
0705..polas mañás están as casas varridas..(Expresión do xogo das cartas que significa que ao principio non hai moitos puntos na mesa)..cartas
0706..(chover) a mares..(Chover) Moito, en cantidade..clima
0707..o que foi ao mar perdeu o lugar, o que foi ao vento perdeu o asento..(Dise cando alguén perde algo debido á súa ausencia ou nalgúns xogos infantís)..perda, ausencia
0708..tal para cal maragota e media..(Dise para referirse a dúas persoas que son parecidas. Úsase en sentido pexorativo)..semellanza, crítica
0709..ir (u.p.) á maré..Ir pescar, ir mariscar..oficio, pesca
0710..chucurrucho, María vas vella..(Dise como réplica a alguén que conta algo dubidoso de ser certo)..mentira
0711..¡vaiche boa, María!..(Expresión que indica contrariedade ou desgusto). V. ¡vai(che) boa!..-
0712..agora xa foi, Marica non chores..(Dise para expresar que algo xa non ten remedio)..remedio, resultado, resignación
0713..¡alá vai o que Marta fiou!..(Expresa desesperación ou decepción cando algo que custou traballo sae mal ou se frustra)..frustración, desesperación, decepción, resultado, perda
0714..¡morra a Marta e morra farta!..(Úsao unha persoa como resposta a alguén que lle di que non coma de máis, ou outra persoa que está presente (ante o mesmo aviso de qeu se modere) para animar á persoa que come a que siga comendo. Tamén se usa para referirse á actitude de quen come en exceso aínda que lle poida sentar mal)..comida, exceso
-->
=== G ===
<!--
0715..¡tapa, masa, tapa, mentres o paragüeiro/zarralleiro pasa!..(Dise cando se fai algo para saír do paso e non para que dure)..provisionalidade-apaño, mediocridade, présa
0716..un mata e o outro esfola..(Dise de dúas persoas parecidas, que teñen as mesmas calidades. Xeralmente en sentido negativo)..crítica, semellanza
0717..vello/a coma Matusalem..Moi ancián/á..vellez
0718..entre a maza e a rebola, veña o demo e escolla..(Expresa que de dúas cousas ou persoas ningunha delas é boa)..mediocridade, alternativa-opción, resignación
0719..de medo..Moi ben; moi bo/a, excelente; moi grande..tamaño, calidade
0720..perder (u.c.) o medo..Pórse morno/a (un alimento, xeralmente líquido)..temperatura, comida, bebida
0721..pór (u.p.) medo ao medo..Ser moi feo/a..fealdade
0722a..que mete medo/que mete medo..(Que ten en grao superlativo a calidade que expresa o adxectivo. Úsase tanto con adxectivos de sentido negativo como positivo. Equivale a moi + ADX.)..cantidade
0722b..que mete medo/que mete medo..Moi ben, estupendamente; moi mal, pesimamente..estremo, límite, bondade, mediocridade
0723..sacarlle (u.p.) o medo (a algo)..Tirar (a algo) o frío, pór morno (algo)..temperatura
0724..¡ten bo medo o bispo ao cura!..(Expresa a tranquilidade de quen está nunha situación de superioridade ou dominio)..tranquilidade, desigualdade-superioridade
0725..doce coma o mel..Moi doce..sabor
0726..encima de mel, filloas..(Serve para resumir unha situación na que se suman dous ou varios feitos negativos)..sorte-infortunio
0727..ao mellor..Se cadra..posibilidade
0728..¿que sabes ti da merda se nunca a comiches?..(Dise a alguén que se ten por entendido sen ter experiencia do asunto)..aparencia, coñecemento
0729a..armarlle (u.p.) ao merlo..Meterse en problemas, buscar o perigo..perigo, risco, problema
0729b..armarlle (u.p.) ao merlo..Argallar algo (para conseguir un beneficio)..comenencia, imaxinación-creatividade, beneficio-rendemento
0730..a metade do mozo está na tenda..(Dise cando alguén vai moi ben vestido ou arranxado, especialmente se non é moi agraciado)..aspecto-presenza, fealdade, apaño
0731..mexar (u.p.) alto..Aspirar a moito..cobiza, aspiración
0732..(haber) un San Miguel (de algo)..(Haber) moita cantidade (de algo)..cantidade
0733..¡bo milagre!..(Expresa que algo non é de estrañar ou non sorprende)..coñecemento, sorpresa
0734..un milagre..Unha grande cantidade; moito..cantidade
0735..o primeiro millo é dos pardais..(Dise, no xogo das cartas, cando se perde a primeira partida. Por extensión pódese aplicar a máis cousas) F. SIN.: a primeira vai para os paxaros..inicio-comezo-principio, cartas
0736..ter (u.p.) millo vello (no canastro/hórreo)..Ter reservas (de algo e despreocuparse) V. xogar (u.p.) con pan vello..-
0737..andar (u.p.) ás minchas / estar (u.p.) nas minchas..Estar despistado/a..atención, despiste, distracción
0738..andar (u.p.) á miñoca..Carecer do máis necesario, ser pobre..pobreza-necesidade
0739..mirar (u.p.) por (alguén/algo)..Ter coidado de, preocuparse por (algo/alguén)..coidado
0740..calado/a coma unha misa..Sen falar, sen facer ruído..silencio
0741..ir (u.p.) con misa..(Dise cando alguén chega cedo ou sae con présas)..présa, tempo-cedo-prontitude
0742..nonsaber (u.p.) media misa..Estar mal informado/a..descoñecemento
0743a..vai(che) na misa..(Expresa que alguén vai tardar)..tempo-tardanza
0743b..vai(che) na misa..(Expresa que algo xa é moi sabido)..coñecemento, divulgación
0744..facer (u.p.) os mistos..Saír adiante (empezando de cero)..resultado, recuperación
0745..a modo..Lentamente, a pouca velocidade..lentitude, présa-lentitude
0746..estar (u.p.) a moela..Finxir que traballa..aparencia, traballo, preguiza
0747..estar (u.p.) a monte (concello/ladrón)..Non ter educación, ser indisciplinado, ter moito vicio..educación, cortesía, orde,
-->