Usuario:Sobreira/GReLO: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sobreira (conversa | contribucións)
grelo e xerais
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de xullo de 2016 ás 11:46

Rascuño de Wikiproxecto

 
Idea para o logotipo do proxecto

Teño o pracer, a responsabilidade, o medo e mesmo a ousadía de propoñer un wikiproxecto do Galizionario chamado GReLO, que responde ás iniciais de "Grupo de R... e L... O... ". Res ipsa loquitur, dicían os latinos: "as cousas falan por si mesmas", neste caso as palabras. Preténdese que o Galizionario (como fonte de información nunca p... senón s... ) permita ós investigadores a consulta de léxico segundo ...

O nome parece pouco serio, pero espero que supoña un adianto nalgúns aspectos. Só tirarei da corda un pouco máis: cada artigo se chamaría ENGrUDO, que significa Elemento N... polo Grupo de Unificación de D... e de Onomasioloxía. Eu de momento rematarei a broma aquí (hai que ter sempre bo humor), non vaia ser que non se me tome en serio.

En realidade isto xa vén pensado dende hai case dous meses, pero durante todo este tempo estiven facendo o traballo suxo para que quen quixese traballar non tivese que pasar un choio que esixe algunhas doses de resistencia paciente, informática recompilación bibliográfica.

A oferta de lanzamento, como xa dixen, xa está preparada. Comezaremos no terreo da O... , e número de entradas que xa están preparadas para subirse calculo (aínda non xuntei todos) que é aproximadamente (e casualmente) 6666 artigos. Grazas á informatización, estes ENGruDOs están relacionadas entre eles e sempre referidos científicamente á súa denominación z... bin... Non sei moito en concreto de bots, pero teño a idea de que a subida de tantos ENGruDOs pode automatizarse.

Se tedes a mesma ilusión ca min nesta nova idea ou se levades un bot e sabedes como automatizar subidas de entradas, agradecería moito un comentario na miña páxina de discusión.

C

D

E

F

G