poder: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
ILVI (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 15 de marzo de 2003 ás 11:02

poder 1 v.t.

  1. Te-la posibilidade de realizar certa cousa. Se podes, fala con ela.
  2. Ser capaz de realizar certa cousa. Desde aí non podes abri-la porta.
  3. Ter permiso ou dereito para facer algo. Díxome miña nai que podo ir convosco.
  4. v.i. Ser posible algo. Pode que chova pola tarde.
  5. Ser capaz de vencer a alguén por ter máis forza ca el. Non pelexes comigo que non me podes.
  6. Ter influencia ou capacidade de dominio. É un home que pode moito.
A, ata máis non p. loc. adv. Todo o posible.
A p. de. Polo feito repetido de.
Non p. con alguén. Non ser capaz de dominalo.
Non p. ver a alguén. Odialo.
OBS. v. irreg.
Conxugación:
Indic.: pres. podo, podes, pode, podemos, podedes, poden;
imperf. podía, podías, ...;
perf. puiden, puideches, puido, puidemos, puidestes, puideron;
plusc. puidera, puideras, ...;
fut. poderei, poderás, ...;
fut. pret. podería, poderías, ...;
Subx.: pres. poida, poidas, ...; imperf. puidese, puideses, ...;
fut. puider, puideres, ...;
Imperat. pode, podede;
Inf. conx. poder, poderes, ...;
Xer. podendo.
Part. podido.


poder 2 s.m.

  1. Facultade ou capacidade de facer algo. O mago tiña poderes extraordinarios.
  2. Posibilidade de facer algo gracias a unha lei ou contrato. O presidente ten poderes para disolve-la asemblea.
  3. Capacidade de influír sobre algo ou alguén ou para dominar a alguén. O xefe ten moito poder sobre os empregados.
  4. Dirección e control das funcións de goberno. O partido que está no poder é moi criticado.
  5. Dar autoridade a alguén para que poida facer algo no nome doutra persoa, e escrito no que se autoriza. Asinoulle un poder para que votase por el na reunión.
  6. Forza, enerxía. Para os anos que ten aínda se ve con poder.
Estar ou obrar algo en p. de alguén. Ter algo.
P. públicos. A Administración dunha comunidade cos servicios que dela dependen.