Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «ácido».
  •   Etimoloxía: do latín acidu(m), "ácido"
  •   Pronuncia: /ˈaθiðo̝/ (AFI)

  Adxectivo

ácido (ms: ácido; mpl: ácidos; fs: ácida; fpl: ácidas)

  1. Que ten sabor e olor picantes, coma o vinagre.
    • Exemplo: Este viño é infumable, está ácido.

    • Sinónimos: acedo, acre, agre.
  2. (Química) Dise das substancias químicas que ó reaccionar cunha base dan lugar a un sal.
  3. (Química) Sal cuxo hidróxeno pode substituírse por un metal.
  4. (Figurado) De carácter desagradable, pouco afable.

Traducións

  Substantivo masculino

  1. (Química) Substancia química que ó reaccionar cunha base ou cun óxido metálico dá lugar a un sal.
    • Exemplo: Lémbrao sempre: ácido máis base, igual a sal máis auga.

    • Observacións: co valor de substantivo non é correcta a forma acedo.

Termos relacionados

Traducións