Galego

  Adxectivo

abdutor (ms: abdutor; mpl: abdutores; fs: abdutora; fpl: abdutoras)

  1. (Fisioloxía) Que produce abdución.
    • Exemplo: Nervio abdutor. Músculo abdutor.

  2. (Zooloxía) Que abre as valvas da cuncha dos moluscos bivalvos. [Dise do ligamento].
    • Exemplo: O mexillón utiliza o ligamento abdutor para poder alimentarse e respirar.

Sinónimos

  • abducente

Traducións

  Substantivo masculino

  1. (Anatomía) Nome de varios músculos e nervios que producen abdución.
    • Exemplo: O abdutor do dedo gordo.