Galego

  •   Pronuncia: [a.βeˈsow.ɾʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

 
Escaravello de San Xoán, Melolontha melolontha, femia.

abesouro (sg: abesouro; pl: abesouros)

  1. (Zooloxía) Nome vulgar de varios insectos coleópteros da familia dos escarabeidos pertencentes ao xénero Melolonta, de até 3 cm de lonxitude, cor negra, étitros castaños e patas e antenas vermellas, que producen un forte zunido ao voaren. En Galicia é frecuente o Melolonta melolontha, máis coñecido como escaravello de San Xoán.
  2. (Zooloxía) Insecto himenóptero da familia dos ápidos pertencentes ao xénero Bombus, de tamaño mediano e corpo repoludo, piloso, e de variadas coloracións (en xeral, son negros con bandas amarelas), que producen un zunido característico ao voaren.

Traducións