Galego

 
Vexa na Galipedia o artigo acerca de «acanto».
  •   Pronuncia: [aˈkan.tʊ] (AFI)

  Substantivo masculino

acanto (sg: acanto; pl: acantos)

  1. (Botánica) Planta herbácea perenne da familia das acantáceas da que existen diversas especies. Destaca pola súa beleza ornamental e pola súa altura (ata 150 cm) con follas longas, espiñentas e rizadas e flores abrancazadas, rosáceas ou lilas. É usada como motivo escultórico en capiteis de columnas, como por exemplo na orde corintia.

Castelán

  •   Pronuncia: [aˈkan.to] (AFI)

  Substantivo masculino

acanto (sg: acanto; pl: acantos)

  1. (Arquitectura e botánica) Acanto.