Grafías semellantes:     Alá ,    alá

Galego

ala1

  •   Pronuncia: /ˈala̝/ (AFI)

  Substantivo feminino

ala (sg: ala; pl: alas)

  1. (Zooloxía) Membro cunha ampla superficie de sustentación, propio dos animais adaptados ao voo, (quirópteros, aves e insectos). Nas aves, está constituída polos ósos da extremidade torácica e por apéndices tegumentarios, as plumas.
  2. (Anatomía) Estrutura, normalmente eminencia ou apófise, que se acha a cada lado dun órgano impar, e que son máis ou menos simétricas. As máis importantes son as do esfenoide, as do solo do cuarto ventrículo e algunhas eminencias óseas, como as do ilio ou do sacro.
  3. (Botánica) Cada un dos dous pétalos laterais da corola das flores das papilionáceas.
  4. (Botánica) Calquera expansión laminar, foliácea ou membranosa, que se pode presentar en diversos órganos vexetais, como caules, pecíolos, froitos ou sementes.
  5. (Xeoloxía) Cada un dos dous lados dunha dobra.
  6. (Zooloxía) Labio dalgunhas cunchas de moluscos gasterópodos.
  7. Superficie en forma de lámina plana con carácter independente que sobresae do corpo xeral dunha estrutura.
  8. Parte dun edificio diferente da zona principal, normalmente situada nunha zona lateral do espazo.
  9. (Alimentación) Parte da ave cociñada.

Sinónimos

Termos relacionados

Traducións

ala2

  •   Pronuncia: /ˈala̝/ (AFI)

  Interxección

ala

  1. Exclamación que se emprega para meter présa.
    • Exemplo: Ala, arreando, que non chegades!

  2. Exclamación que se emprega para dar ánimo.
    • Exemplo: Veña, ala, que ti podes!

  3. Exclamación que se emprega para expresar sorpresa.
    • Exemplo: Ala! Non mo podo crer!

  4. Exclamación que se emprega para expresar enfado.
    • Exemplo: Pois ala, agora vas ti só, eu non vou contigo.

  5. Exclamación que se emprega para introducir unha despedida.
    • Exemplo: Ala, boas noites, adeus.

Variantes


Castelán

  Substantivo feminino

ala (sg: ala; pl: alas)

  1. Á, ala.